O Bloque Nacionalista Galego de Vigo vén de urxir o arranxo da iluminación do campo da ETEA, que leva máis de ano e medio sen luz na metade do terreo de xogo. A fronte nacionalista denuncia o “inexplicábel abandono" desta instalación deportiva, malia as numerosas queixas dos clubs e deportistas.
“O BNG temos que denunciar un exemplo máis do desleixo e da total falla de xestión do goberno de Abel Caballero nunha cuestión tan importante como é o mantemento e o correcto funcionamento das instalacións deportivas do noso concello”, criticou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas.
O edil nacionalista explicou que os clubs e deportistas que fan uso deste campo, ubicado no barrio de Teis, só poden adestrar na metade do terreo de xogo desde hai máis dun ano e medio porque non funcionan as torres de iluminación. “En determinadas horas do día, nomeadamente nas que se fai un maior uso da instalación, é impracticábel a metade non iluminada do campo”, criticou.
Igrexas cualificou de “aberrante” a falla de solucións do Goberno local. Desde o BNG trasladaron esta situación na última Comisión Informativa de Deportes, celebrada a pasada semana, sen obter aínda ningunha resposta nin explicación por parte do concelleiro na materia, Manel Fernández. “Un concello que ten un orzamento millonario, que goza dunha importante capacidade de intervención, non pode consentir ter os clubs deportivos e deportistas da cidade adestrando apiñados na metade do campo sinxelamente porque as luces non funcionan”, recriminou o concelleiro do Bloque.
La protesta partió del cruce de Vía Norte con Urzáiz al grito de No es un caso aislado, es el patriarcado'
La Guía Michelin desvela los nuevos restaurantes galardonados e incorpora dos nuevos en Galicia, logrando así ya 19 con Estrella Michelin
Arranca la tramitación urbanística de 10.400 metros cuadrados frente a Samil con un 70% para uso terciario y un 30% para vivienda
Caballero anuncia cambios en el proceso de empadronamiento en Vigo. Aumentan los horarios sin cita previa para este trámite
Mariscadoras, científicas y artistas unidas en un proyecto común: la búsqueda de un futuro sostenible para el marisqueo gallego
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL