A veciñanza da parroquia viguesa de Bembrive ten constancia de continuos vertidos non autorizados e ao río Eifonso, tributo do río Lagares. Os vertidos, sinalan, proceden das perforacións realizadas no lugar de Palames, preto do muiño do Cristino, segundo recoñeceron os propios traballadores da obra a veciños da parroquia.
Denuncian que estas perforacións "son parte das labores de consultoría e asistencia contratadas á empresa Ayesa para a construcción dun túnel de máis de tres quilómetros como variante do treito da nova autovía A-52". As tres organizacións denunciaron estas verteduras contaminantes ante as administracións competentes: Augas de Galicia e Concello de Vigo. Solicitaron a ambas administracións que se paralicen os traballos das sondaxes ata garantir que non se van producir máis verteduras e ademais que se sancione a empresa por esta agresión ao medio ambiente.
Ademais subliñan o" desplifarro de varios centos de millóns de euros" que implica a construcción do túnel, cando o trazado da AP-9 vai paralelo á nova autovía A-52 e coa liberación das peaxes deste treito se convertería, sen necesidade de máis obras, na saída principal de Vigo cara Madrid.
“As obras do tunel conlevarán un gran impacto ambiental na nosa parroquia. Xa vemos como nada máis comezar están contaminando as augas”, denuncian desde a plataforma veciñal Bembrive en Pé. “Rexeitamos está innecesaría infraestrutura e instamos ao goberno do Estado a que se libere das peaxes ao treito da AP-9 como alternativa ao trazado da A-55. Ademais está liberación xa foi aprobada hai anos en comisión parlamentaria cos votos a favor de, entre outros, os dous partidos que conforman o goberno de España”, sinalan desde Ecoloxistas en Acción Vigo.
Las llamas afectan al outlet de Tui. Los bomberos combaten un incendio forestal que avanza hacia la fábrica de golosinas
Koa Fitness Club abrió sus puertas la pasada semana para brindar a los vecinos y vecinas de O Porriño un nuevo centro donde ejercitarse
Denuncian que la instalación de la Navidad de Vigo está afectando a los árboles de la ciudad. Amenazan con acciones legales
Caballero critica que para Rueda "la seguridad no es una prioridad en Vigo y asegura que la "Xunta se ríe de esta ciudad"
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL