• Novedad en Vigo
  • Rehabilitación edificio histórico
  • Pollos Muñoz Vigo
  • Navidad A Laxe
  • Encendido CC Gran Vía
  • Novedad Vialia Vigo
  • Papá Noel Vigo
  • Desaparecida Vigo
  • Magosto Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Expertos de todo o mundo converten Vigo no epicentro da xeoinformación e da enxeñaría intelixente

Expertos de todo o mundo converten Vigo no epicentro da xeoinformación e da enxeñaría intelixente
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
01/07/2024

Tras anos participando nestas conferencias e debido ao interese das súas contribucións e a súa activa participación nestas comunidades, os e as integrantes do grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas da UVigo foron convidados a organizar a 19th International 3D GeoInfo Conference 2024 e o 31st EG-ICE International Workshop on Intelligent Computing in Engineering, que desde hoxe e ata o vindeiro venres se celebrarán na sede cidade na Escola de Enxeñaría Industrial. 200 persoas, entre poñentes e asistentes, participan nestes congresos, que por vez primeira se celebran en España. “En ambos os dous casos, a idea de organizalos en Vigo veu dada polos Advisory Board, tanto do 3D GeoInfo, como do EG-ICE. Debido a que existe unha gran sinerxía entre as investigacións que se presentan, tanto nun evento, coma no noutro, consideramos de grande interese organizalos como unha Joint Conference”, explica a docente e investigadora de Cintecx Lucía Díaz Vilariño, que sinala que “para a UVigo é unha boa oportunidade de gañar visibilidade e poñer en valor o noso traballo”.

Durante os cinco días que durarán os congresos, participantes de todos os continentes, sobre todo de procedencia europea, abordarán os últimos avances no modelado de sistemas e realidades complexas, onde a intelixencia artificial, a tecnoloxía 3D/4D e a computación de altas prestacións son elementos clave. “Trátase de dous eventos de gran relevancia nos ámbitos da xeoinformación e da enxeñaría intelixente. As distintas investigación que se presentarán en cadanseu evento, serán publicadas en bases de datos recoñecidas internacionalmente, garantindo un impacto duradeiro na comunidade científica e profesional”, detalla Lucía Díaz Vilariño, integrante do grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas e presidenta do comité organizador da 3D GeoInfo Conference 2024.

Másnoticias

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro

20/11/2025
La UVigo se alza como la mejor universidad de España y la 17 del mundo en una de sus titulaciones

La UVigo se alza como la mejor universidad de España y la 17 del mundo en una de sus titulaciones

19/11/2025

A vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da UVigo, Belén Rubio, e o director da Escola de Enxeñaría Industrial, José Fariña, xunto a Lucía Díaz, foron os encargados esta mañá de inaugurar os congresos, dos que destacaron a súa importancia ao tempo que agradeceron a presenza dos e das asistentes. As sesións comezaron coa intervención de H.C.(Jeroen) Borst, xerente do Cluster Societal Impact for Accessibility and Liveability at Netherlands Organization for Applied Research (TNO), titulada Digital Twins for Liveable and Resilient Cities.

Ciencia e tecnoloxía da xeoinformación 3D/4D

Entre os temas que durante esta semana se abordarán na 3D GeoInfo Conference 2024, Díaz destaca a adquisición e procesamento de datos 3D/4D, a análise de big data xeoespaciais, o uso da intelixencia artificial, a xestión de datos, a integración e fusión de información e o modelado de infraestruturas e cidades intelixentes a través de BIM e xemelgos dixitais. Pola súa banda, o 31st EG-ICE International Workshop on Intelligent Computing in Engineering, do que son presidentes do comité organizador Belén Riveiro Rodríguez e Pedro Arias Sánchez, centrarase na interacción entre computación e os sistemas de enxeñaría aplicado a diferentes ámbitos, como son os procesos de automatización e robótica, sistemas de monitorización e control, sistemas BIM, xestión da construción, sustentatibilidade e resiliencia e análise do ciclo de vida de procesos e produtos.

“En canto aos poñentes é moi difícil destacar a ningún, pois todos son expertos do máximo nivel nos seus respectivos ámbitos, varios destes son investigadores recoñecidos con axudas económicas do ERC, con índices de impacto nos seus desenvolvementos científicos punteiros a nivel mundial e publicacións con altos estándares de calidade en canles como as revistas Nature ou Science”, explica Lucía Díaz en relación coas e cos poñentes que estes días participan nos dous eventos.

Necesaria comprensión e modelado de sistemas e realidades complexas

No caso concreto do grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas as actividades de investigación nas que están a traballar no seu ámbito “están intimamente relacionadas coa xeoinformación 3D e coa computación intelixente debido a que cada vez é máis necesaria a comprensión e modelado de sistemas e realidades complexas onde a xeoinformática e a computación de altas prestacións é un elemento clave e seguindo as tendencias máis recentes coa computación baseada en intelixencia artificial”, explica Lucía Díaz.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La Navidad crece en Vigo con un mágico encendido en A Laxe repleto de ilusión y música
Enfoque

La Navidad crece en Vigo con un mágico encendido en A Laxe repleto de ilusión y música

...

PorMetropolitano
20/11/2025
El último fenómeno gastronómico de España aterriza en Vigo con un nuevo local en pleno centro
Enfoque

El último fenómeno gastronómico de España aterriza en Vigo con un nuevo local en pleno centro

...

PorAlfredo Teja
20/11/2025
Proyectan reconvertir un edificio del centro de Vigo en un complejo de 'alto standing'
Enfoque

Proyectan reconvertir un edificio del centro de Vigo en un complejo de 'alto standing'

...

PorSara Rodríguez
20/11/2025
Vigo vibra con su fiesta más solidaria por Navidad en el encendido de uno de sus centros comerciales "top"
Enfoque

Vigo vibra con su fiesta más solidaria por Navidad en el encendido de uno de sus centros comerciales "top"

...

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025
atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro
Enfoque

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025

Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

20nov18:00Encendido de la Navidad A LaxeNAVIDAD | VIGO | GRATIS

20nov18:00Encendido de la Navidad CC Gran VíaNAVIDAD | VIGO | GRATIS

21nov17:0019:00Magosto en Solar da Pomba en VigoMAGOSTO | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X