• Nueva tienda Vigo
  • Anuncio Suchard Vigo
  • Fortaleza Chocolate Valença
  • Rodaje en Vigo
  • Karaoke Vigo
  • Venta pensión Vigo
  • Barco Navidad Vigo
  • Navidad Covelo
  • Encendido Navidad
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Expertos reclaman na UVigo máis financiamento para mellorar a supervivencia das persoas con cancro

Expertos reclaman na UVigo máis financiamento para mellorar a supervivencia das persoas con cancro
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
24/09/2025

Visibilizar a importancia da investigación para mellorar a vida dos pacientes con cancro e seguir avanzando na personalización dos tratamentos e na consecución de terapias eficaces. Estes foron os principais obxectivos cos que o CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo e pertencente á Rede CIGUS, e a Asociación de Sarcomas Grupo Asistencial, Asarga, celebraron este mércores unha xornada conxunta para conmemorar o Día Mundial da Investigación en Cancro.

Tal día como este mércores, 24 de setembro, conmemórase anualmente desde 2016 para impulsar a investigación en cancro en todo o mundo a través dun movemento internacional promovido por asociacións de pacientes como a AECC (Asociación Española Contra el Cáncer), a American Association for Cancer Research (AACR) ou Cancer Research UK (CRUK). Así, esta mañá, persoal investigador especializado neste ámbito e asociacións de pacientes uniron forzas nunha xornada acollida polo CINBIO co fin de visibilizar a necesidade de incrementar a financiación, tanto pública como privada, para mellorar a supervivencia das persoas que padecen esta doenza.

Másnoticias

Un astillero de Vigo acoge el rodaje de una de las grandes apuestas de Atresmedia para el cine

Un astillero de Vigo acoge el rodaje de una de las grandes apuestas de Atresmedia para el cine

12/11/2025
La 'milla de oro' de Vigo suma una nueva marca internacional

La 'milla de oro' de Vigo suma una nueva marca internacional

12/11/2025

Tras unha agarimosa benvida por parte do director do CINBIO, Miguel Correa, que reivindicou o gran labor das asociacións de pacientes en colaboración coa comunidade científica, a investigadora e líder do grupo CellCOM, María Mayán, abriu o acto cun relatorio sobre os últimos avances en investigación en cancro e sarcoma. A investigadora do CINBIO ofreceu unha fotografía dos avances que, ao longo dos últimos 30 anos, foron incorporados á práctica clínica, como as terapias dirixidas e as inmunoterapias, logrando mellorar a supervivencia global desta enfermidade. A súa intervención rematou poñendo o foco nuns tipos de cancros dos que aínda se ten pouco coñecemento, como son os sarcomas, e nos que se centran varios proxectos do seu grupo de investigación. A través deles, buscan seleccionar os tratamentos aos que responde un determinado tumor e evitar terapias ineficaces, personalizando o tratamento a cada paciente.

Importancia da colaboración pública-privada

Seguidamente, comezou a mesa redonda Investigación en cancro, baixo a moderación da xestora do CINBIO, Noa Caramés, e coa participacion da investigadora e líder do grupo de Inmunoloxía, África González; da directora científica do IISGS, Eva Poveda; e do xerente do Cluster Sáude de Galicia, Iván Rarís. A necesidade de colaboración público-privada e da inclusión das asociacións de pacientes nas políticas de investigación foron puntos clave tratados nesta mesa debate.

Precisamente, o papel das asociacións de pacientes en actividades e proxectos de investigación en cancro e sarcoma foi o foco principal do panel que pechou a xornada, contando coa participación de Mª Teresa Deus Trasobares, presidenta de Asarga; Rosa Soliño, presidenta de Vigo Contra el Cáncer; e Natalia Dieste, directora de Bicos de Papel. As representantes destas tres entidades destacaron que “actos coma este axudan a aumentar a conciencia social sobre o impacto do cancro” e coincidiron na súa reivindicación, reclamando que sexa a administración a que asegure unha investigación competitiva e continuista, e que a investigación en determinados tipos de cancro non dependa do traballo das asociacións de pacientes.

Temas: Universidade de VigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un astillero de Vigo acoge el rodaje de una de las grandes apuestas de Atresmedia para el cine
Enfoque

Un astillero de Vigo acoge el rodaje de una de las grandes apuestas de Atresmedia para el cine

...

PorMiguel Alonso
12/11/2025
La 'milla de oro' de Vigo suma una nueva marca internacional
Enfoque

La 'milla de oro' de Vigo suma una nueva marca internacional

...

PorMetropolitano
12/11/2025
A la venta la pensión de Vigo que servía de refugio para 21 personas sin hogar
Enfoque

A la venta la pensión de Vigo que servía de refugio para 21 personas sin hogar

...

PorAlfredo Teja
12/11/2025
Regades llama a la "reflexión colectiva" para "frenar el ruido" en la apertura del Vigo Global Summit
Enfoque

Regades llama a la "reflexión colectiva" para "frenar el ruido" en la apertura del Vigo Global Summit

...

PorPaula Carballo
12/11/2025
Día de “agradecemento infinito” na UVigo aos 44 docentes e 20 PTXAS xubilados o curso pasado
Enfoque

Día de “agradecemento infinito” na UVigo aos 44 docentes e 20 PTXAS xubilados o curso pasado

PorCarlos I. Castrillón
12/11/2025

“Puxemos en marcha unha institución que naceu co soño compartido de formar parte da sociedade"

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

15novTodo el díaEncendido de la Navidad de Vigo 2025STREAMING | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

X