O candidato do Bloque Nacionalista Galego á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, reclama o cabeza de lista socialista Abel Caballero que non volva dar “plantón” as viguesas e vigueses e participe nos debates electorais desta campaña das municipais, que inician co debate organizado pola CRTVG este vindeiro luns 15 de maio.
“A democracia é incompatíbel co monólogo permanente”, defendeu Igrexas, que reafirmou o compromiso da fronte nacionalista con acudir a todos os debates que se convoquen para explicar e trasladar con “optimismo e entusiasmo o proxecto aberto e en positivo co o BNG queremos volver poñer en marcha a cidade e levar Vigo máis alá”.
O candidato nacionalista asegurou que a ausencia de Caballero nos debates electorais sería “insistir na covardía política” que mantivo durante o actual mandato “fuxindo” dos Plenos municipais para evitar o contraste co resto de forzas políticas, e como xa fixera na anterior convocatoria dos comicios municipais. Ademais, Igrexas considerou que significaría un “profundo desprezo” cara a cidadanía viguesa que, dixo, ten “dereito” a que todas as candidatas e candidatos “dean a cara en primeira persoa” para explicar os seus proxectos de cara á cita electoral do 28 de maio.
A candidatura nacionalista visitou a festa da Brincadeira en Bouzas e realizou un reparto informativo nos aledaños do estadio de Balaídos para compartir as súas propostas electorais. Igrexas volveu poñer en valor a alternativa do BNG para "construír entre todas e todos” unha cidade máis habitábel e moito máis verde, un Vigo igualitaria e socialmente xusto, que volva ser pulmón industrial e produtivo de Galiza, que se referencie como vangarda na creación cultural e que asuma o seu papel como maior cidade galega e motor de todo un País.
Algunos de los elementos de la decoración navideña de Vigo no resistieron las fuertes rachas de viento provocadas de la borrasca Caetano
"Llevamos años reclamando que se inicien las actuaciones Vigo-Lisboa y lo único que Lacen desde el Gobierno es darnos largas", lamentan
Vigo suma un nuevo 'concept store' con moda, diseño, decoración y muchas marcas difíciles de encontrar. Tradición y futuro, su seña de identidad
""Queremos tender a nosa man para que a cidade de Vigo conte cunha programación cultural estable", señalan desde la Diputación de Pontevedra
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL