• Estatua Aspas Vigo
  • Nueva urbanización Vigo
  • Plan Ensanche Vigo
  • Planes finde
  • Magosto Vigo
  • Navidad Portugal
  • Rodaje Vigo
  • Navidad Náutico Vigo
  • Huelga Atención Primaria
  • Halo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
05/06/2025

38 investigadores e investigadoras da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo impulsaron a posta en marcha de iLingua, o único instituto de investigación do ámbito das Humanidades da UVigo, unha iniciativa que viu a luz no ano 2021 co obxectivo de promover e realizar investigación en lingüística de primeiro nivel. A día hoxe son 79 as investigadoras e investigadores adheridos ao Instituto, procedentes non só das áreas de filoloxía e a tradución, senón tamén da educación, socioloxía e psicoloxía.

Aumentar a visibilidade científica e social dos grupos de investigación en linguas e lingüística, desenvolver proxectos conxunto e sinerxías entre diferentes ámbitos e incrementar a captación de recursos humanos en convocatorias competitivas, son as principais razóns que xustificaron no seu día a posta en marcha de iLingua, que centra o seu labor nos ámbitos da lingüística interna; a variación lingüística e a sociedade; adquisición e multilingüismo; tradución, interpretación e accesibilidade; e lingua e literatura.

Másnoticias

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

06/11/2025
Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

05/11/2025

Nun acto celebrado este mediodía na FFT, iLingua foi presentado publicamente polo reitor da UVigo, Manuel Reigosa; a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio; o decano do centro, José Montero Reguera e o director do instituto, Javier Pérez Guerra, que coincidiron en sinalar a importancia da súa posta en funcionamento, así como as súas expectativas de consolidación e evolución no sistema de investigación en Galicia. Neste sentido, Manuel Reigosa, lembrou o impulso que o equipo de goberno lle deu á creación de institutos no seo da UVigo, que conta na actualidade, ademais de con iLingua, cos de Agroecoloxía e Alimentación e o de Física e Ciencias Aeroespaciais, no campus de Ourense e o de Xustiza e Xénero no de Vigo. “Nós impulsamos que haxa institutos naqueles ámbitos que considerabamos importantes e que debían cubrir os tres campus e os diferentes ámbitos”, sinalou Reigosa, que tamén lembrou o traballo que se está a realizar para desenvolver outro instituto centrado no deporte no campus de Pontevedra. “Os institutos son o paso intermedio e queremos que poidan optar a axudas directas da Xunta de Galicia, que os recoñeza e poidan chegar a ser centros de investigación. Sería unha satisfacción enorme”, asegurou o reitor.

Pola súa banda, a vicerreitora da Investigación destacou a evolución experimentada por iLingua desde a súa creación, ao tempo que incidiu na importancia de agruparse arredor das persoas. “Sodes fortes e pódese mellorar e facer cultura de centro”, sinalou Belén Rubio, que agradeceu o traballo desenvolvido polos responsables de iLingua, ao tempo que chamou a atención na necesidade de dar a coñecer o traballo que desenvolve o persoal investigador da FFT. No mesmo sentido, o decano do centro asegurou que o Instituto será “un instrumento fundamental e básico para que esta Facultade sexa aínda máis coñecida polo seu traballo en distintos eidos nos que traballamos arredor da lingua”.

Investigación en lingüística de primeiro nivel

Na súa intervención, o director de iLingua, o catedrático do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá Javier Pérez Guerra, lembrou a xénese o Instituto que tivo a súa orixe no encargo que lle realizaron o reitor e a vicerreitora da Investigación, aos que agradeceu unha iniciativa destinada a poñer en valor o traballo que desenvolve o PDI da Facultade de Filoloxía e Tradución. Rendibilizar a experiencia organizativa e colaborativa dos grupos e o seu impacto e aproveitar a oportunidade para proxectos conxuntos e sinerxías entre os ámbitos filolóxico, o da tradución e interpretación e afíns, son accións que Pérez Guerra considera fundamentais para romper co que definiu como “non saber que temos do outro lado do pladur”, en referencia ao descoñecemento que sobre o traballo que desenvolven teñen investigadores que na FFT traballan parede con parede.

A captación de recursos humanos e de fondos son outras dúas prioridades nas que incidiu o director de iLingua, que destacou, entre os ámbitos de traballo do Instituto a súa exclusividade no SUG no referido á tradución e á interpretación, ademais do desenvolvido en relación coa accesibilidade e lingua de signos. Unha páxina web e presenza en redes sociais son dúas das vías a través das que o instituto pretende dar a coñecer a súa actividade entre o persoal investigador, pero tamén cara á sociedade.

Entre as accións que iLingua porá en marcha no curto e medio prazo destacan unha conferencia de institutos de lingua en Vigo; xeiras temáticas; convocatorias de publicacións e premios; solicitudes de proxectos; actividades divulgativas e microcredenciais. “Así mesmo, o Instituto abrirá en setembro unha nova convocatoria de adhesión de persoal investigador, así como de colaboradores externos, ao tempo que tamén contactaremos coa Facultade de Comunicación do campus de Pontevedra na procura de colaboracións”, detallou o director de iLingua que agradeceu a iniciativa do equipo de goberno e o apoio do decanato da Facultade de Filoloxía e Tradución, así como o traballo que está a desenvolver a secretaria do Instituto e docente e investigadora co centro, María Méndez.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un histórico edificio del entorno de Porta do Sol en Vigo se prepara para su nueva vida
Enfoque

Un histórico edificio del entorno de Porta do Sol en Vigo se prepara para su nueva vida

...

PorSara Rodríguez
08/11/2025
La provincia de Pontevedra registra un terremoto que se ha notado en varios concellos
Enfoque

La provincia de Pontevedra registra un terremoto que se ha notado en varios concellos

...

PorEuropa Press
08/11/2025
O Porriño transformará Torneiros con calles renovadas, ejes verdes y hasta un parque de agua
Enfoque

O Porriño transformará Torneiros con calles renovadas, ejes verdes y hasta un parque de agua

...

PorAlfredo Teja
08/11/2025
Vigo recuperará una villa romana de más de 7.000 metros cuadrados junto al mar
Enfoque

Vigo decidirá cómo recuperar su inmensa villa romana de 7.000 m2 con un concurso de ideas

...

PorAlfredo Teja
08/11/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad
Enfoque

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

PorCarlos I. Castrillón
06/11/2025

Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X