• "Calma Chicha" Vigo
  • Sesión Tardeo Vigo
  • Fiesta Vikinga Cerveira
  • Reportaje videojuegos
  • Precios Parque Acuático
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Festival Nigrán
  • Programa Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Investigadores da UVigo proban con éxito plantas “trampa” para loitar contra pragas nas patacas

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
12/07/2024

Desde finais de 2022 un grupo de investigación multidisciplinar da Universidade de Vigo desenvolve o proxecto estatal ReNaturAgri, centrado na loita contra as pragas de nematodos nos cultivos de patacas. Nel avalían o impacto agronómico, ambiental e económico de substituír os nematicidas sintéticos por estratexias baseadas na natureza. Entre os resultados xa obtidos están que o uso dunha planta “trampa”, a Solanum sisymbriifolium, pode contribuír a duplicar a marxe de beneficios por hectárea dos cultivos aumentando a súa produción ata nun 21%.

O proxecto Redución de insumos (fertilizantes e pesticidas) e incremento da biodiversidade do solo en cultivo de pataca. Estratexias naturais para a transición a unha agricultura máis resiliente e sostible (ReNaturAgri) ten un financiamento de 253.000 euros da convocatoria de Proxectos de Transición Ecolóxica e Transición Dixital, do Ministerio de Ciencia e Innovación, con fondos NextGenerationEU. Liderado desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense e o Instituto de Agroecoloxía e Alimentación da Universidade de Vigo por David Fernández Calviño e Manuel Arias, a proposta ten un marcado carácter multidisciplinar, xa que involucra coñecementos e especialistas de varias disciplinas, como a agronomía, a ciencia do solo, a ecoloxía microbiana e a economía ambiental, participando tamén Miguel Rodríguez, do Departamento de Economía Aplicada da UVigo, e Montserrat Díaz, do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (CSIC). O proxecto conta ademais coa colaboración do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde.

Másnoticias

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

05/06/2025

Avaliando o impacto agronómico, ambiental e económico

A pataca, explican os investigadores da UVigo, é un dos principais cultivos en Europa. En España dedícanse a el máis de 50.000 hectáreas e ten unha produción de máis de dous millóns de toneladas, sendo en moitas zonas o cultivo principal nas rotacións de cultivos. O sector, apuntan, afronta entre os seus retos avanzar cara unha produción de pataca máis resiliente e sostible. Neste contexto, no proxecto ReNaturAgri, que se prolongará ata 2025, están a avaliar estratexias baseadas na natureza para a redución de insumos sintéticos na produción de cultivos de pataca.

Esta avaliación abrangue diferentes eidos, analizando o impacto das técnicas propostas no cultivo da pataca, sobre o seu rendemento e calidade; no ecosistema (biodiversidade, fertilidade do solo, secuestro de carbono e mitigación da contaminación) e tamén nos custos e beneficios para os agricultores, a sociedade e o medio ambiente. “As novas estratexias deben ser economicamente viables para os agricultores e social e ambientalmente aceptables. Este enfoque é esencial xa que as solucións baseadas na natureza só se adoptarán se demostran beneficios claros tanto para os agricultores como para a sociedade”, afirma o equipo investigador.

Introdución da planta trampa no ciclo de cultivos

A parte experimental do proxecto desenvólvese nunha parecela da Limia, zona destacada na produción de pataca, empregando concretamente a variedade de pataca Kennebec. Os sistemas baseados na natureza probados contra os nematodos (unha especie de verme microscópico) ao longo destes meses foron varios: o uso da citada planta trampa, que “engana” ao nematodo e provoca a súa morte; dun bioestimulante microbiano para incrementar a resistencia da pataca e dun extracto de planta (concretamente mostaza) para impedir que o nematodo se poida desenvolver. Os resultados acadados ata o de agora, indica o equipo investigador, “son moi bos”. Concretamente, subliñan que “a técnica de substituír os nematicidas sintéticos por plantas trampa (Solanum sisymbriifolium) diminúe de forma moi importante esta praga e favorece que se incremente a produción da pataca”. A cita trampa, detalla David Fernández, “é do mesmo xénero que a pataca, é unha solanácea, e cando se desenvolve os nematodos pensan que son patacas, porque emiten sinais químicos similares, saen dos quistes, van alimentarse, non teñen de que alimentarse e polo tanto morren”. No sistema probado, aplicando a rotación de cultivos, tras o ciclo da planta trampa e a morte de nematodos, esta entérrase no solo e, uns meses despois, no mesmo terreo plántase nel xa a pataca.

Se no sistema convencional utilizando nematicidas a marxe bruta por hectárea é de arredor de 2800 euros, empregando a planta trampa esta cifra ascende a 5700 euros. Ademais engaden que se dá un incremento de ata o 21% da produción de pataca. A isto habería que engadir os beneficios ambientais, aínda non calculados no proxecto. “Esta opción está demostrando ser moi eficiente”, apuntan os investigadores da UVigo.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

El histórico "Calma Chicha" de Vigo se transformará en un 'wine bar' gastronómico

...

PorAlfredo Teja
07/06/2025
Cidade da Xustiza (Foto: Iván Dacal)
Enfoque

Caballero insiste en que Vigo "necesita" ocho juzgados de instrucción y exige guardias de 24 horas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
ARCHIVO. Helicóptero Pesca 1 // GARDACOSTAS DE GALICIA
Enfoque

Rescatan inconscientes a dos personas en dos playas diferentes de Cangas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
Foto: Concello do Porriño.
Enfoque

O Porriño celebra el centenario cumpleaños de Juaniña y le pone su nombre a una calle

...

PorIván Dacal
07/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X