• AP-9
  • Festival 'friki' Vigo
  • Desembarco Policía Vigo
  • Restaurante de Vigo
  • Fiesta Empanada
  • Oferta Ryanair
  • Fiesta Casco Vello
  • Desayuno Vigo
  • Rally coches clásicos
  • Celta en Europa
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Investigadores de atlanTTic traballan na mellora das redes 5G ao abeiro do proxecto internacional EWOC

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
21/02/2025

Traballar nas tecnoloxías de comunicación 5G e máis alá para mellorar as súas prestacións é o obxectivo de EWOC (Enabling Virtualized Wireless and Optical Coexistence for 5G and Beyond), o proxecto internacional no que participa un grupo de investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, que teñen como propósito principal avanzar na optimización destas redes para conseguir que sexan máis rápidas, eficientes e fáciles de usar. “EWOC busca desenvolver unha nova solución de rede óptica e sen fíos, flexible e virtualizada, para optimizar os recursos das redes 5G e posteriores (B5G), aumentando de xeito significativo a eficiencia espectral”, sinala Felipe Gil Castiñeira, investigador de atlanTTic e docente da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, quen coordina o proxecto na UVigo. Centrado en comunicacións de alta capacidade e baixa latencia (40-90 GHz), EWOC sentará a base para unha mellora de 50 veces a eficiencia espectral. “Partindo de que os sistemas 5G combinarán tecnoloxías ópticas e sen fíos, procurarase traballar en superar os retos que presenta a súa integración”, explica Felipe Gil.

Financiado polo programa Horizon Europe-MSCA-DN (Marie Skłodowska-Curie Actions) con 2,3 millón de euros, EWOC está integrado por unha decena socios: Instituto de Telecomunicações, que é o coordinador; Universitat Politècnica de Catalunya; Politécnico de Torino; Technische Universität Dresden; University of South Wales e as empresas Huawei Sweden, YLO-Verkot, Top-IX e ISRD, de nove países: Portugal, España, Italia, Alemaña, Reino Unido, Suecia, Finlandia, Polonia e Francia. Precisamente, esta semana as entidades socias celebraron unha reunión en Vigo na que analizaron o progreso do proxecto e definiron os pasos futuros, na que foi a oitava xuntanza plenaria do consorcio.

Másnoticias

Preto de 500 especialistas de doce países reivindican na UVigo o poder da educación para mudar a sociedade

17/09/2025
Imagen de acacias.
- UVIGO

Investigadores vigueses alertan de las consecuencias de la invasión de acacias en los bosques atlánticos

16/09/2025

Retos da tecnoloxía 5G

O crecemento exponencial no uso de servizos de Internet que esixen gran ancho de banda require novos avances en tecnoloxías de transmisión de datos ópticos para lograr un maior rendemento e latencias mínimas. Os sistemas 5G, que combinan innovadoras tecnoloxías de radio e rede central, integrarán as comunicacións ópticas. “EWOC é unha iniciativa multidisciplinar no marco das telecomunicacións e o foco da UVigo está en manter estas novas redes seguras e privadas, ao mesmo tempo que se aumenta a súa operación automática e intelixente”, destaca Gil, que incide en que neste proxecto, “se propoñen e validan novas ideas, que posteriormente terán que ser implementadas en prototipos, probadas en pilotos, e xa finalmente, se todos os pasos anteriores foron exitosos, poderán pasar aos estándares e aos produtos comerciais”, engade o investigador.

Precisamente en atlanTTic, o investigador Orestis Maraziotis está desenvolvendo unha tese de doutoramento sobre ciberseguridade, privacidade e intelixencia artificial para que as novas redes sen fíos e ópticas, virtualizadas e flexibles, propostas en EWOC, sexan máis automáticas grazas á IA, sen comprometer a seguridade nin a privacidade dos usuarios.

A tecnoloxía que se desenvolverá no marco de EWOC achegará vantaxes e beneficios tanto para usuarios finais e como para empresas de telecomunicacións. “Pretendemos conseguir redes con capacidades moi superiores ás actuais, que se adapten mellor ás necesidades dos usuarios de forma automática e ofrecendo novos servizos, integrando tamén capacidades de intelixencia artificial, ao mesmo tempo que garantan a seguridade e a privacidade”, conclúe Felipe Gil.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Ponen al Álvaro Cunqueiro como ejemplo de excelencia al abordar patologías neurovasculares

...

PorEuropa Press
17/09/2025
Enfoque

Arrancan en Vigo las obras para crear la nueva grada del Parque Nelson Mandela

...

PorMetropolitano
17/09/2025
Enfoque

Vigo ya tiene su primer restaurante "Slow Food" que une excelencia gastronómica y productores locales

...

PorAlfredo Teja
17/09/2025
Deportes

El Celta desvela cómo debutará en Europa y presenta su nueva grada supletoria en Balaídos

...

PorCarlos I. Castrillón
17/09/2025
Enfoque

Preto de 500 especialistas de doce países reivindican na UVigo o poder da educación para mudar a sociedade

PorCarlos I. Castrillón
17/09/2025

Con sede no campus de Pontevedra e seguimento presencial e virtual

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

04sepTodo el día05octFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

19sep(sep 19)19:0027(sep 27)23:30Galician Freaky Film Festival en VigoVIGO | FESTIVAL CINEMATOGRÁFICO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X