• Alcampo en Galicia
  • Alerta por temporal
  • Parque acuático Portugal
  • Apertura en CC Gran Vía
  • Novedad en Vialia
  • Rodaje Netflix
  • Conciertos en Castrelos
  • Jura de bandera en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Manuel Reigosa comprométese a loitar pola creación dun “minicampus na ETEA”

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
25/04/2022

O candidato a reitor de H2040 Manuel Reigosa comprometeuse este luns, coincidindo co arranque da segunda semana de campaña electoral, a loitar pola creación do que denominou un “minicampus na ETEA”, no que se situarían o Centro de Investigación Mariña, “que é un dos centros recoñecidos pola Xunta de Galicia como Centro de Excelencia”, a Facultade de Ciencias do Mar e os mestrados de Bioloxía Mariña e Acuicultura adscritos á Facultade de Bioloxía. “Si todo sae ben, este minicampus permitirá que os nosos investigadores e investigadoras traballen conxuntamente coa comunidade científica do CSIC. É un obxectivo de primeiro nivel e, dende logo, así o comprometemos no noso programa”, explicou o reitor na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, a onde acudiu acompañado de boa parte do seu equipo.

Segundo explicou Reigosa, a idea inicial do equipo de goberno xa era mover cara a ETEA Ciencias do Mar “e, incluso, todo o ámbito científico”, pero, unha vez realizado o proceso de consulta á comunidade universitaria, este proxecto quedou parado ata que lles chegou unha petición específica de traslado da Facultade de Ciencias do Mar e outra de dous mestrados da Facultade de Bioloxía. “Ciencias do Mar aposta claramente por baixar á ETEA e a Bioloxía tamén lle gustaría impartir alí eses dous mestrados. Eu xa me comprometín publicamente no Claustro a facer todo o posible por mover esas instalacións docentes e investigadoras”, subliñou o actual reitor. Para cumprir esta promesa o equipo de H2040 defende que é necesario contar coa titularidade de tres edificios: o Siemens, o Faraday e o Morse. “O Faraday xa era noso; do Siemens hai apenas uns días que me confirmaron que nos vai ser cedido gratuitamente e estamos á espera do terceiro, que xa foi solicitado á Xunta de Galicia”, recalcou o candidato a reitor.

Másnoticias

Caballero encabezará la comitiva del Concello de Vigo en la reunión con la RFEF por el Mundial 2030

08/05/2025
Imagen de uno de los locales de la marca. Foto: Beher

Abre en Vialia Vigo un nuevo local de sabores ibéricos con dos terrazas y opción "take away"

08/05/2025

“Estou moi agradecido a toda a comunidade universitaria”

Como vén sendo habitual en cada un dos encontros mantidos polo candidato a reitor e o seu equipo nas diferentes escolas e facultades, o acto arrancou coa explicación das principais liñas programáticas para a vindeira lexislatura e o repaso dos logros acadados durante o seu primeiro mandato. “En xeral estou moi satisfeito de todo o traballo que se fixo e tamén moi agradecido a toda a comunidade universitaria porque durante estes catro anos o 95% dos acordos do Consello de Goberno, incluso un pouco máis no caso do Claustro, foron aprobados por asentimento”, apuntou Reigosa, quen tamén fixo fincapé en que nas mesas de negociación, tanto do PDI como do PAS, “a meirande parte das decisións tomadas foron acordos, é dicir, contaron co apoio da maioría da representación sindical e, en moitos casos, houbo tamén numerosos acordos unánimes”.

Na quenda de rogos e preguntas, o candidato a revalidar o título de reitor tivo tamén a oportunidade de intercambiar opinións co PDI e co PAS da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias, á que se referiu como “un centro tremendamente activo”. Falouse, entre outras temáticas, da agrupación estratéxica Ecobas, unha iniciativa “prioritaria, xa que permite xuntar talentos da Universidade de Santiago de Compostela e da Coruña, pero partindo de Vigo como eixe central”, indicou Reigosa.

Desde o Departamento de Organización de Empresas e Marketing a súa directora, a profesora María del Mar Rodriguez, demandou información sobre as ideas que porá sobre a mesa o novo equipo de goberno de cara a conseguir reducir a temporalidade dos contratos do PDI. “Desde o meu punto de vista penso que a política de PDI está na boa liña e os logros acadados, sobre todo con respecto á redución das horas de docencia, o baleirado das bolsas de acreditados e o plan de promoción do profesorado asociado, foi algo moi positivo, pero pensamos que aínda hai cousas que se poden mellorar”, recalcou a docente, referíndose ao “aumento da temporalidade” na contratación do profesorado, ao que lle respondeu o candidato a vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións, Manuel Ramos, subliñando que, un dos obxectivos prioritarios para este segundo mandato será “avanzar no grao de consolidación” do persoal docente e investigador.

O exdecano da facultade, Jorge Falagán, tivo palabras de agradecemento para Reigosa e o seu equipo, “polo apoio que sempre lle deron a este centro”, e tamén lles chegaron verbas de gratitude desde o PAS pola posta en marcha do proceso de funcionarización.

Temas: ETEAUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Caballero encabezará la comitiva del Concello de Vigo en la reunión con la RFEF por el Mundial 2030

...

PorMetropolitano
08/05/2025
Enfoque

Galicia, en alerta amarilla desde este viernes por fuertes lluvias

...

PorMiguel Alonso
08/05/2025
Enfoque

Las Rías Baixas se consolidan como el mejor destino de playa con este premio nacional

...

PorGabriel González
08/05/2025
Imagen de uno de los locales de la marca. Foto: Beher
Enfoque

Abre en Vialia Vigo un nuevo local de sabores ibéricos con dos terrazas y opción "take away"

...

PorGabriel González
08/05/2025
Enfoque

El monoplaza de UVigo Motorsport rodará en dos de los grandes eventos europeos de la Formula Student

PorMetropolitano
07/05/2025

El UM25 de UVigo Motorsport, que cambiará de combustible y aportará por el etanol, competirá en los circuitos de Hungría y Croacia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

09may18:00Circo de Pinocho en VigoCIRCO | VIGO

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X