Moaña amosa o seu apoio a hostelería local, que mantén 45 locais pechados como protesta

Publicidad

O Concello de Moaña vén de expresar o seu “total apoio” ao sector da hostalería e a un grupo profesionais que manteñen os seus locais pechados como xeito de protesta ante actual situación á que están sometidos. Nunha reunión entre o Goberno municipal e os representantes dunha nova asociación en proceso de constituírse, expúxose que se manteñen 45 locais pechados pois, argumentan os hostaleiros, “abrir sería máis ruinoso que estar pechado”. Trátase fundamental de establecementos sen terraza ou con horario vespertino.

Moaña permanece no nivel de restricións máximas impostas pola Xunta. Tradúcese en que os locais soamente poden abrir até ás 17:00 horas e unicamente facelo na terraza, que debe permanecer cun aforo máximo do 50%.

O Concello de Moaña derrogou a ordenanza de terrazas e acordou a súa ampliación, amais de solicitar a mesma medida a Costas do Estado e Portos de Galicia. O Goberno prometeu que “a hostaleira estará incluída, por suposto, en calquera dos plans ou campañas de reactivación económica” e lembra que apostou por manter actividades culturais no verán para manter a actividade comercial e hostaleira. A Mancomunidade tamén aprobou condonar a taxa de lixo no primeiro semestre de 2021 aos establecementos pechados durante o confinamento.

A reunión contou coa rexedora local, Leticia Santos, a tenente de alcaldesa, Marta Freire, e a concelleira de Promoción Económica, Coral Ríos, amais de tres representantes da hostalería na voz de Mario Cao (Fairies), Óscar Pérez (Daniel’s) e Pablo Piñeiro (A Carriola).

Os hostaleiros insisten en que o sector “non é o foco de transmisión do virus” e piden medidas contundentes a todas as administracións ante a dificultosa situación económica derivada das restricións impostas polas autoridades sanitarias.

Salir de la versión móvil