Moaña da un novo paso na limpeza dos seus areais e logra retirar máis de 100 quilos de lixo da Praia da Xunqueira. O proxecto “Moaña Libre de Plásticos” realizou hoxe unha limpeza no areal moañés co obxectivo de “concienciar sobre a contaminación mariña e mitigar o impacto dos residuos plásticos no medio ambiente”. A actividade, na que participaron un total de 67 voluntarios e voluntarias de todas as idades, encheu 34 sacos de lixo, fundamentalmente de plásticos, cun peso total de 115 quilos.
A limpeza englóbase no proxecto “Moaña Libre de Plásticos”, nado da vontade do Concello de Moaña de sumarse á loita contra os plásticos mariños para garantir a boa conservación das zonas costeiras. Ó tratarse dun proxecto multidisciplinar busca contribuír na “concienciación ambiental da sociedade e traballar na mitigación de residuos plásticos no municipio”, a través de formación, difusión, concienciación e limpezas do entorno costeiro.
O proxecto invita a individuos, centros educativos, asociacións e comercios a unirse a esta iniciativa para promover a desaparición da contaminación plástica en Moaña. De esta forma, ofrece actividades que van dende a formación e divulgación de información sobre o impacto dos residuos plásticos, ata a súa limpeza en entornas costeiras. Outro dos pilares do proxecto é o chamamento ós comercios para que podan sumarse á iniciativa animándoos a substituír os materiais plásticos das súas bolsas por materiais máis sostibles. A tal fin xa se repartiron entre os comerciantes e praceiras de Moaña bolsas reciclables para distribución entre as persoas consumidoras.
"Moaña libre de plásticos" foi presentado polo Concello á convocatoria de proxectos de Acción Local e Pesqueira da Ría de Vigo-A Guarda (GALP) e conseguiu unha subvención do 90% por parte desta agrupación que xestiona a financiación de proxectos co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
La alcaldesa de Larouco lamenta que en las parroquias de Seadur y Freixido ardieron castaños centenarios
El BNG propone una ayuda "directa, inmediata y no reembonsables" de 6.000 euros destinada a autónomos, pequeñas y medianas empresas (PYMEs)
Caballero afirma que se inicia el proceso para la construcción del Vigo Arena para albergar grandes conciertos y eventos deportivos
Una isla de Galicia está amenazada por el calentamiento global. National Geographic lo describe como "las Seychelles gallegas"
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL