Mos contará cunha aplicación móbil coa que enviar queixas e suxestións

Publicidad

Este martes, 5 de xuño, o salón de actos da Axencia de Colocación de Mos acolle a presentación da nova apliación móbil desenvolvida pola empresa segoviana Lemur Ideas coa que os veciños e veciñas poidan interactuar máis rapidamente coa administración local.

No acto, que comezará ás 20:00 horas explicarase como baixar a aplicación nos smartphones, axudaráselles aos asistentes a instalala e impartirase unha sesión tutorial de que utilidades ten e como funciona a app.

"Mos Informa" é unha ferramenta baixo o paraugas de "Bando Móvil" que da servizo a máis de 700 concellos segundo a empresa promotora. Segundo explica o Concello, a iniciativa "vai a permitir que a veciñanza estea informada as 24 horas do día de calquera aviso ou información emitida dende o Concello".

Á súa vez, esta ferramenta dispón dun servizo de comunicación directa de incidencias, propostas e consultas municipais, de modo que se poida enviar comunicacións sobre a caída dunha árbore, mal estado de beirarrúas, molestias por ruídos, etc.

Segundo explican dende o Concello, "o obxectivo é que toda a veciñanza estea informada de forma instantánea de todo o que suceda no municipio, ao tempo que se promove a interactividade entre a administración local e o seus habitantes". A aplicación está dispoñible para Android (Mos Informa) e para iOS (Bando Móvil).

Salir de la versión móvil