O BNG alerta dun “golpe letal” para o programa Vigo Cultura pola “nefasta” xestión do Goberno municipal

Publicidad

O Bloque Nacionalista Galego alerta dun “golpe letal” para o programa Vigo Cultura pola “nefasta” xestión do Goberno municipal. Así o denunciou este mércores o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que advertiu de que o Concello de Vigo foi excluído da Rede Platea, dependente do Ministerio de Cultura, e da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que xestiona a Axencia Galega das Industrias Culturais, o que -aseguran- pon en risco a programación cultural municipal para o que resta deste 2023.

“Esta exclusión ameaza de morte o programa Vigo Cultura, o único programa municipal estábel de artes escénicas”, subliñou Igrexas, que asegurou que a cidade corre o “risco” de que non se poida realizar ningún tipo de actividade, evento ou acto de representación cultural no Auditorio do Concello de Vigo nos últimos meses do ano.

 Diante desta situación, a fronte nacionalista rexistrou formalmente un escrito para esixir explicacións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, para que “dea conta en detalle” das causas que motivan esta exclusión “sen precedentes” na historia da cidade. Ademais, o Bloque reclamou acceso íntegro á documentación municipal relacionada con esta xestión.

Este é un fito máis dentro da nefasta política cultural do Goberno municipal, que ten avanzado na desertización cultural da nosa cidade”, cuestionou o portavoz do BNG, que asegurou que por primeira vez se ve comprometida unha programación cultural á altura da maior cidade galega.

Salir de la versión móvil