O Bloque Nacionalista Galego alerta dun “golpe letal” para o programa Vigo Cultura pola “nefasta” xestión do Goberno municipal. Así o denunciou este mércores o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que advertiu de que o Concello de Vigo foi excluído da Rede Platea, dependente do Ministerio de Cultura, e da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que xestiona a Axencia Galega das Industrias Culturais, o que -aseguran- pon en risco a programación cultural municipal para o que resta deste 2023.
“Esta exclusión ameaza de morte o programa Vigo Cultura, o único programa municipal estábel de artes escénicas”, subliñou Igrexas, que asegurou que a cidade corre o “risco” de que non se poida realizar ningún tipo de actividade, evento ou acto de representación cultural no Auditorio do Concello de Vigo nos últimos meses do ano.
Diante desta situación, a fronte nacionalista rexistrou formalmente un escrito para esixir explicacións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, para que “dea conta en detalle” das causas que motivan esta exclusión “sen precedentes” na historia da cidade. Ademais, o Bloque reclamou acceso íntegro á documentación municipal relacionada con esta xestión.
“Este é un fito máis dentro da nefasta política cultural do Goberno municipal, que ten avanzado na desertización cultural da nosa cidade”, cuestionou o portavoz do BNG, que asegurou que por primeira vez se ve comprometida unha programación cultural á altura da maior cidade galega.
Miles de personas comprobaron el importante avance de la grada de Gol, que se estrenará esta misma temporada
La chef Rebeca Guede, alma máter del restaurante La Orensana, competirá con una curiosa propuesta gastronómica que no deja indiferente
La CIG tacha de "especialmente grave" que esta reducción se produzca "en un contexto en el que pacientes permanecen diariamente en urgencias"
Un hombre tuvo que recibir asistencia médica en Vigo tras colisionar un ave contra el parabrisas de su coche en la VG-20
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL