• TSXG Guns N'Roses
  • Nuevo supermercado Vigo
  • Bono Comercio Galicia
  • Vertido Ría de Vigo
  • Navidad A Guarda
  • Navidad Vigo
  • Nuevo mirador
  • Mercado Arte Vigo
  • Magosto Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O BNG apela en Vigo a defender a universidade pública fronte a "ameaza privatizadora da Xunta"

O BNG apela en Vigo a defender a universidade pública fronte a "ameaza privatizadora da Xunta"
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
04/05/2021

O BNG mantivo esta tarde en Vigo un encontro con representantes da comunidade universitaria (estudantado, profesorado e PAS) da UVigo para informarlles do ataque ao ensino universitario público que supón a creación da Universidade privada promovida por ABANCA que, con sede en central en Compostela, terá campus na Coruña e Vigo.

Con este acto o BNG inicia unha campaña en defensa da universidade pública que, ao longo das vindeiras semanas, percorrerá as sete cidades galegas. No caso do acto celebrado en Vigo contouse coa participación de Iria Custodio, aluna da UVigo integrante da organización estudantil Erguer, do portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, e mais do deputado e portavoz de Educación do Bloque no Parlamento galego, Manuel Lourenzo.

Másnoticias

Miles de personas se rinden al vendaval de rock de Guns N Roses en Vigo

El TSXG libera a Vigo de pagar más de 2 millones a la promotora de Guns N'Roses en Balaídos

03/11/2025
Carrefour mantiene su apuesta por Vigo con otro súper de barrio "non stop" que abrirá todos los días

Carrefour mantiene su apuesta por Vigo con otro súper de barrio "non stop" que abrirá todos los días

03/11/2025

Ante o inminente inicio da tramitación parlamentaria da denominada Universidade Intercontinental da Empresa promovida pola Afundación, o BNG pedirá a retirada deste proxecto de lei da Xunta. Un proxecto que, segundo indicou Lourenzo, “non ten máis obxectivo que afondar nas políticas de privatización e desmantelamento dos servizos públicos, neste caso da universidade galega, que leva caracterizado o último decenio do PP no goberno”.

Cómpre lembrar que o BNG xa denunciou o infrafinanciamento do sistema universitario non só nos orzamentos galegos deste ano, senón tamén nos dos exercicios anteriores, e que ten presentado distintas emendas ás contas da Xunta para corrixir este déficit. As nacionalistas subliñan que o sistema universitario galego ten visto reducido o seu financiamento na última década en 438 millóns de euros como resultado da “política de recortes” aplicada pola Xunta do Partido Popular. Neste sentido, demandan un novo plan de financiamento das universidades públicas para mellorar a súa dotación económica, destinando o equivalente o 1,5% do PIB galego. Desta maneira, explican, melloraríanse “as condicións docentes e o impulso á investigación” e podería materializarse a “necesaria ampliación da oferta educativa pública, hoxe bloqueada pola cláusula de estabilidade, para a adaptar ás necesidades sociais e laborais do noso País”.

Deste xeito o BNG avanzou neste encontro a súa oposición a este proxecto lexislativo non só por consideralo absolutamente innecesario, nun territorio que conta con tres universidades públicas e sete campus distribuídos por todo o territorio, senón porque, ademais, supón a posta a disposición da ensino universitario ao servizo dos grandes fondos voitre internacionais que atopan no desmantelamento do sistema universitario galego un novo nicho de mercado.

Ademais, tal e como sinalou na súa intervención o voceiro municipal Xabier P. Igrexas, “as titulacións previstas por esta universidade privada entran a competir directamente con titulacións xa existentes xa na UVigo, como por exemplo no caso do grao de ADE”

Para o BNG principios básicos da educación como son os de igualdade, mérito e capacidade non poden ser substituídos por universidades privadas clasistas e vetadas para inmensa maioría dos galegos e galegas. Neste sentido, Manuel Lourenzo sinalou que “fronte á privatización, o noso modelo pasa por consolidar unha universidade pública que poña todo o potencial investigador e toda a capacidade da nosa docencia e do noso alunado no lugar que lle corresponde: na vangarda universitaria de Europa”.

Cinismo do PSOE vigués

O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, denunciou no acto a posición “cínica” do PSOE en relación a este debate. O edil lembrou que a pinza entre o PSOE e o PP de Vigo impediu, en decembro de 2019, que o Pleno da Corporación aprobase unha declaración institucional, promovida polo BNG, para rexeitar o proxecto de universidade privada e demandar un apoio decidido ao ensino universitario público. “O duplo xogo dos dous Caballero neste asunto é tan delirante como ofensivo. Gonzalo, di a nivel galego que se opoñen, e Abel en Vigo, impide que o Concello se manifeste en contra”, reprochou.

Igrexas enfatizou que “o ensino público e o seu carácter irrenunciábel como dereito social tamén no nivel universitario”. Desde esa perspectiva defenden tamén que se inste a aumentar substancialmente o sistema de becas e axudas públicas así como a que se eliminen as barreiras para o acceso das clases populares e trabalaldoras a estudos universitarios.

Temas: AbancaeducaciónUniversidadVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Miles de personas se rinden al vendaval de rock de Guns N Roses en Vigo
Enfoque

El TSXG libera a Vigo de pagar más de 2 millones a la promotora de Guns N'Roses en Balaídos

El alto tribunal señala que el Concello tomó la decisión "correcta" y afea a Sweet Nocturna su actitud en el proceso

PorÁngel Vila
03/11/2025
Vuela el Bono Activa Comercio en Galicia, casi 500.000 euros en menos de dos horas
Enfoque

Ya hay fecha para descargar y utilizar de nuevo el Bono Activa Comercio de Galicia

Rueda ha anunciado que los Bono Activa Comercio de Galicia ya se pueden usar desde esta semana. ¡Este es el día para poder descargarlo!

PorIván Dacal
03/11/2025
Carrefour mantiene su apuesta por Vigo con otro súper de barrio "non stop" que abrirá todos los días
Enfoque

Carrefour mantiene su apuesta por Vigo con otro súper de barrio "non stop" que abrirá todos los días

Nuevo supermercado de barrio en Vigo, Carrefour Express abre nuevo local en la ciudad olívica con apertura domingos y festivos

PorSara Rodríguez
03/11/2025
La limpieza del vertido de aceite en la ría de Vigo se centra en dos zonas: Moaña y dársena de Guixar
Enfoque

La limpieza del vertido de aceite en la ría de Vigo se centra en dos zonas: Moaña y dársena de Guixar

El puerto de Vigo avanza en la limpieza del vertido de aceite de palma, con el 90 % de los restos ya retirados

PorCarlos I. Castrillón
03/11/2025
Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados
Enfoque

Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados

PorMetropolitano
31/10/2025

409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X