O BNG vén de presentar en Vigo o acto que, gallo do Día da Patria, vai realizar este sábado a partir das 12:00 horas na Praza da Estrela. Este ano o Bloque organiza un 25 de xullo “expansivo e descentralizado” nas sete grandes cidades pero mantendo a compostelá Praza da Quintana como “simbólico lugar de encontro”, cun aforo limitado a un millar de persoas. De xeito simultáneo, haberá actos nas cidades galegas para conectar telematicamente a través de pantalla con Santiago no momento en que a portavoz nacional, Ana Pontón, pronuncie o seu discurso.
No acto de Vigo, e previo á conexión coa Praza da Quintana, contarase coas intervencións de Brais Ruanova, responsábel comarcal de Galiza Nova, Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG en Vigo e das deputadas recén electas, Carmela González e Alexandra Fernández.
A presentación do acto de Vigo correu este xoves a cargo do responsábel comarcal do BNG en Vigo, Manuel Caride acompañado pola responsábel de Organización na comarca, Manuela Rodríguez e o responsábel comarcal de Galiza Nova, Brais Ruanova.
Caride sinalou que “o Día da Patria ten para o BNG un carácter tanto de celebración do día da nosa nación como de reivindicación da soberanía política para Galiza, máxime cando este ano cúmprese o centenario da celebración do 25 de xullo. Por isto animamos a todas as persoas de Vigo e bisbarra que acrediten nunha nova Galiza, inclusiva e con capacidade de decisión sobre o seu futuro, a sumarse o sábado a este acto na Praza da Estrela”.
Con este acto o BNG adapta a celebración do Día da Patria ao contexto COVID19 primando a seguridade sanitaria, tras un proceso electoral no que a formación que lidera Ana Pontón obtivo un resultado histórico, e que a militancia e simpatizantes queren festexar.
Vigo abrirá este viernes la consulta pública sobre la tasa turística. Así funcionará este proceso para que cualquiera pueda dar su opinión
La Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este viernes la licitación para realizar este "gran macroparque infantil" entre Travesía y Aragón
Ponteareas ha abierto el plazo para solicitar las ayudas para el material escolar. Esta es la cuantía y quién puede optar a ellas
Baiona registró este martes su primer incendio forestal en el entorno de la iglesia de Baredo, aunque se controló pronto
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL