O Bloque Nacionalista Galego expresou o seu desacordo coa decisión do Goberno municipal de Vigo, anunciada por sorpresa o pasado venres, de estender o peche dos parques infantís da cidade deixando apenas 15 dos máis de 140 abertos.
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, cualificou de “irresponsábel e inxusta” esta medida. “É irresponsábel porque o único que vai provocar é unha maior concentración de crianzas e familias nun menor número de instalacións, na liña contraria do recomendan as autoridades sanitarias”, explicou. E tamén inxusta, para Igrexas, “porque volve castigar as crianzas cunha decisión arbitraria que non ten máis xustificación que xogar ao ‘canto peor mellor’ e utilizar esta cuestión na lea permanente coa Xunta de Galiza”.
O edil nacionalista lembrou que o BNG apoiou “todas e cada unha” das iniciativas e mocións do PSOE a nivel municipal reclamando que a Xunta transfira os recursos necesarios para atender as necesidades extraordinarias derivada da Covid. “Concordamos co Goberno municipal en denunciar que a Xunta de Feixóo está a secuestrar recursos que lle teñen sido transferidos polo Estado sen llos facer chegar os concellos galegos, entre eles os de Vigo, no entanto non podemos compartir esta decisión”, acrecentou.
Para a fronte nacionalista o peche da práctica totalidade dos parques infantís, poucos días despois de que o propio BNG reclamase a reapertura dos mesmos, evidencia “o desleixo e a incapacidade de xestión dun Goberno municipal que o pasado mes de outubro anunciaba un peche parcial e temporal mentres non se puña en marcha o novo contrato”. Aliás, Igrexas reitera a inoportunidade da clausura toda vez neste momento “son máis necesarios do que nunca espazos para o lecer ao ar libre”.
Os parques infantís que están abertos dende este mesmo luns son o do antiguo cuartel de Barreiro, Jenaro de la Fuente, Pedro Alvarado, Praza Maruxa Mallo, Venezuela, O Castro 1, O Castro 2, Praza Independencia, Praza Emigrante 1, Praza Emigrante 2, Praza Emigrante 3, Alameda Suárez Llanos, Teixugueiras 26, Teixugueiras 30 e Castrelos.
La Xunta ha establecido algunas restricciones ante la alerta naranja por fuertes lluvias en diferentes puntos de la provincia, incluido Vigo
Ocho concellos diferentes aspiran a convertirse en el "Pueblo Mágico" de Galicia 2026. Dos son de la provincia de Pontevedra
¿Quieres usar el nuevo Bono Activa Comercio de Galicia? Consulta aquí los descuentos que ofrece, cómo solicitarlo y cómo usarlo
El BNG de Vigo pide a Abel Caballero un "real" plan de tráfico ante el cierre de carriles en algunas calles ya en el centro de la ciudad
La Uvigo propone una nueva ruta cultural por uno de los valles de Galicia. Así es este recorrido de 15 kilómetros por la zona del Bibei
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL