O Bloque Nacionalista Galego revela que o Goberno de Abel Caballero mentiu sobre as cartas de interese remitidas a promotoras para a contratación de concertos. Así o confirmou este venres o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, tras examinar a documentación solicitada polas evidencias de irregularidades co patrocinio publicitario da actuación de Guns N’ Roses.
Igrexas acusou o Goberno municipal de mentir “de maneira flagrante e deliberada” cando manifestou, por voz do voceiro socialista Carlos López Font, que o documento enviado á promotora de Guns N’ Roses era similar ao do resto de concertos. “Pero nada ten a ver o contido destas cartas, que eran respostas a propostas ou orzamentos previamente remitidos para a contratación directa, co acordo previo coa banda estadounidense”, censurou.
Nese sentido, o portavoz do BNG desvelou que o Concello enviou un total de 21 cartas de interese (sen contar a de Guns N’ Roses) dende xaneiro de 2022, das cales 20 corresponden a concertos do ano pasado e só unha deste curso para a actuación de David Guetta. “Todas as cartas responden a un mesmo modelo de texto xenérico, onde se trasladaba a disposición do Concello de contratar e na que se demandaba que se achegara algunha documentación para acreditar a exclusividade na representación das e dos artistas”, explicou. Uns documentos que, a xuízo das nacionalistas, non se corresponden coa carta de interese remitida en outubro de 2022 á promotora de Guns N’ Roses de maneira “absolutamente opaca”, sen incorporar aos expediente municipais e contrariando o criterio da propia Asesoría Xurídica do Concello, para comprometer case 2 millóns de euros de diñeiro público como achega económica.
“É claro que o portavoz do Goberno municipal, actuando como emisario de Abel Caballero, mentiu reiterada e descaradamente as viguesas e vigueses cando dixo primeiro que a carta de Guns N' Roses era xenérica, despois que non contiña compromisos concretos, e por último que era unha carta tipo parecida a outras moitas enviadas para a programación das festas”, denunciou o portavoz do BNG.
Por estes motivos, dende a fronte nacionalista esixiron máis unha vez que o alcalde dea a cara sobre este asunto como máximo responsábel do Goberno municipal. “Abel Caballero ten que deixar de esconderse e darlle dunha vez explicacións as viguesas e vigueses, a principiar polos motivos para manter no cargo como voceiro a alguén que mentiu deliberadamente á cidade, a non ser que mentise por instrución súa ”, remachou Igrexas.
El Concello de Redondela se suma al sector marisquero y demanda a la Xunta más vigilancia y multas más duras contra los furtivos
Así es la nueva aventura gastronómica de un chef con Estrella Michelin en Galicia. Un proyecto tan innovador como clásico, que ya se puede probar
Una borrasca volverá a dejar lluvias importantes este lunes. En Vigo, al final de la semana se podrá disfrutar de varias jornadas de sol
María del Carmen Martínez Ínsua, dimite tras 12 años en el puesto. Firmó el informe de Patrimonio para el proyecto de Altri en Galicia
Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL