O Bloque Nacionalista Galego cualifica de “anacronismo doutra época” a participación de representantes institucionais do Concello de Vigo en actos relixiosos.
O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou a participación do alcalde, Abel Caballero, incluída na súa axenda oficial en diferentes procesións. “No BNG como organización que defende o laicismo, entendemos que a mellor maneira de garantir o dereito de toda a cidadanía de crer no que quixer, e tamén de non crer, pasa pola neutralidade e estrita separación das institucións públicas e democráticas das confesións relixiosas”, afirmou.
“Respeitamos que calquera persoa, sexa concelleira ou non, poda participar a titulo persoal en calquera acto relixioso, pero entendemos que no exercicio da representación institucional da cidade non ten ningún sentido participar nunha procesión”, acrecentou o candidato nacionalista.
Desde a fronte nacionalista critican tamén a decisión de seguir a destinar decenas de millares de euros de diñeiro público, do Concello de Vigo, a subvencionar as procesións de Semana Santa. “Hai que respeitar, e por suposto respeitamos, todas as crenzas relixiosas. Mais tamén hai que respeitar as moitas persoas que lexitimamente non as temos”, remachou Igrexas.
Decenas de personas ya pueden disfrutar desde este miércoles de las visitas guiadas al interior del Teatro Cine Fraga y Nova Olimpia
Rueda asegura que está ayuda beneficiará a unos 20.000 escolares de Infantil y Primaria en toda Galicia. ¡Estos son los requisitos!
Vaca Films rodará una nueva película en Galicia y se ha abierto un casting para buscar figurantes. ¡Estos son los requisitos para anotarse!
Gondomar ha anunciado un ambicioso proyecto para conectar con Sabarís y A Ramallosa. Así es la senda que quiere hacer
Unha trintena de persoas integran a formación musical que acaba de iniciar os ensaios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL