Ningún nin ningunha representante institucional Bloque Nacionalista Galego de Vigo acudirá á procesión do Cristo da Vitoria. Un ano máis, a fronte nacionalista desmárcase do "anacronismo" que supón a presenza de cargos públicos en actos relixiosos.
"A presenza de autoridades públicas ou de representantes institucionais en actos de carácter relixioso constitúe un anacronismo doutros tempos. É máis propio do medievo que do século XXI", defende o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, que o considera «incompatíbel co actual marco de liberdades»
Igrexas insistiu en que nunha democracia “plena” é imprescindíbel unha separación “estrita” entre as institucións públicas e as “lexítimas” confesións e credos relixiosos. O edil nacionalista xa se pronunciou publicamente en contra do acto polo pregón do Concello de Vigo celebrado no día de onte no pombal de Castrelos. "Hai quen no seu afán imperial por reducir Vigo a unha caste de cidade-Estado medieval, amurallada e enfrontada con todos por todo, teima con entusiasmo en manter actos anacrónico scomo facer un pregón institucional dunha celebración relixiosa. Son pasado", afirmou nunha mensaxe publicada nas redes sociais.
O portavoz municipal nacionalista considerou "inxustificado" que se continúen a destinar "decenas de milleiros de euros de diñeiro público para financiar actos relixiosos" por parte do actual Goberno municipal. Neste sentido volveu reivindicar Vigo é unha cidade “orgullosamente diversa” na que conviven persoas con diferentes crenzas ou que non profesan ningunha, polo que reiterou a necesidade de separar o papel das institucións públicas das distintas confesións relixiosas.
El suceso tuvo lugar este viernes a las 17:00 horas. Los servicios médicos desplazados al lugar no pudieron hacer nada por salvarle la vida
Los detenidos entraron al domicilio y amenazaron con un arma de fuego y un cuchillo al hombre. Ahora ingresan en prisión
El trazado limitado a 60 km/hora en la A-55 se amplía ahora en más de 250 metros que hasta ahora estaban señalizados a 80 km/hora
Esta es la llamativa propuesta gastronómica que acaba de abrir en pleno centro de Vigo. Un espacio para celebrar "la cocina casera y la abundancia"
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL
Completamente de acuerdo. Al 100%.