Na véspera do 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Bloque Nacionalista Galego demanda un apoio “real e práctico” á lingua galega en Vigo. O concelleiro, Xabier P. Igrexas, fai un chamado ás viguesas e vigueses a coñeceren e leren a obra do profesor Ricardo Carvalho Calero. Desde a fronte nacionalista animan a toda a veciñanza a faceren uso da lingua propia de Galiza. “O mellor xeito de protexer e de poñer en valor o noso idioma é poñelo en práctica, é usalo”, proclama Igrexas.
A fronte nacionalista demanda de todas as administracións públicas un maior respeito cara a nosa lingua e un maior compromiso para estender o seu uso social. “Cómpre que o Goberno español recoñeza o carácter plurinacional e plurilingüe do Estado e urxe que a Xunta do Partido Popular poña fin á súa política lingüicida e galegófoba coa que leva esmagando nos últimos once anos a nosa lingua propia” esixiu Igrexas quen reivindicou o dereito a “vivirmos plenamente no noso idioma”.
No ámbito municipal o Bloque reclama, como primeiro paso, o cumprimento da ordenanza municipal de Normalización Lingüística, aprobada por unanimidade en 1988 e que determina que, no seu artigo primeiro que o galego é o idioma oficial do Concello de Vigo. Neste sentido, Igrexas afeou que non se atenda o recollido no seu artigo XI no que se dita que “Os cargos do Concello expresaranse normalmente en galego nos actos públicos celebrados en Galiza, sempre que a intervención sexa por razón do propio cargo”.
“Non podemos entender nin aceptar o desprezo diario contra o galego que practican altos responsábeis do Goberno municipal, a principiar polo alcalde, que nas súas comunicacións públicas, nas súas roldas de prensa ou nas súas intervencións exprésanse só en español”, criticou o edil nacionalista. “O galego non é unha lingua cerimonial para usala apenas nas sesións plenarias, onde por certo segue habendo portavoces que non respeitan esta ordenanza”, remachou.
“Para alén do retórico o compromiso coa lingua galega se ten que materializar na práctica diaria”, sentenza Igrexas facendo un chamamento a secundar a convocatoria da Plataforma Queremos Galego de accións nos balcóns e nas redes sociais este domingo.
La decoración navideña llega a Vialia Vigo con todo tipo de decoraciones. Avanza la preparación de la gran novedad de este año, "Vialia On Ice"
Señalan que el aeropuerto de Peinador tiene un origen ligado al trabajo forzoso. Piden que sea un Lugar de Memoria Democrática en Vigo
El temporal ha dejado ya más de 70 incidencias en Galicia, algunas de ellas en Vigo. Las rachas de viento han superado los 150 km/h
La Xunta ha establecido algunas restricciones ante la alerta naranja por fuertes lluvias en diferentes puntos de la provincia, incluido Vigo
Maratón de cortometrajes en pleno centro de Vigo. El Casco Vello acoge una proyección con algunos de los cortos más premiados de Galicia
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL