O Bloque Nacionalista Galego vén de reiterar hoxe no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo a solicitude de acceso a todos os expedientes das licenzas urbanísticas que non se tramitaron, pola suspensión automática que impón a lei durante a tramitación do novo PXOM, así como de todos os informes que emitiu o Secretario Xeral sobre estas licenzas. En total son preto de cen expedientes.
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, manifestou que o fan “despois de que o Goberno municipal insista en vulnerar os meus dereitos fundamentais como concelleiro ao non atender a solicitude que formalicei o pasado día 13 ao abeiro do Regulamento Orgánico do Pleno”.
Igrexas explicou que esta solicitude está motivada en que “queremos coñecer con todo detalle esas preto de 100 licenzas pendentes que en apenas 20 días, a partir do vindeiro día 16 de outubro, poderán tramitarse grazas ao acordo de ampliación de prazo para aprobación provisional do novo Plan Xeral, imposto no Pleno de onte pola maioría absoluta do PSOE”. “Licenzas que sabemos nalgúns casos afectan a ámbitos de especial protección ou de primeira liña de litoral e que non poderían outorgarse baixo ningún concepto co novo PXOM”, acrecenta.
Para as nacionalistas é claro que a opacidade responde a que “hai moito que esconder”. “O Goberno de Abel Caballero non quere que a cidade saiba quen se vai beneficiar desta nova porta de atrás para uns poucos, dentro do urbanismo á carta no que insiste unha e outra vez a concelleira María José Caride”, enfatizou o portavoz municipal nacionalista.
Este miércoles se concede el Premio Planeta de Novela. Estas son las 10 finalistas y una de ellas está ambientada en Galicia
El PP exige a Caballero que admita "que incumplirá su promesa". Aseguran que el AVE entre Vigo y Portugal no estará en 2030
La persona afectada por la agresión en Vigo, que ha denunciado judicialmente los hechos, se encuentra de baja
Caballero agradece el informe elaborado "por el mejor abogado deportivo de España" para acercar el Mundial 2030 a Vigo
Unha trintena de persoas integran a formación musical que acaba de iniciar os ensaios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL