O Bloque Nacionalista Galego denuncia a “violencia administrativa” do Goberno municipal de Abel Caballero contra o tecido asociativo de Vigo á hora de organizar eventos e actos públicos. Así, o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, criticou este xoves as “dificultades” que están a padecer numerosas entidades e asociacións de carácter cultural, veciñal e comunidades de montes por parte do Concello. “Unha violencia administrativa que se manifesta en dificultades absolutamente inxustificadas para facer uso de instalacións municipais e nunha permanente demora na tramitación de permisos e autorizacións, que son obrigatorias para a realización de moitos dos eventos, festas e actos públicos que se celebran na nosa cidade no verán”, subliñou Igrexas.
Unha situación que, lembrou o voceiro nacionalista, xa quedou en evidencia no pasado mes de xuño durante o San Xoán, onde moitas entidades organizadoras recibiron o permiso para as fogueiras a escasas horas da celebración. Demoras que se están a repetir nas últimas semanas, advertiu Igrexas, mesmo con eventos que teñen máis de 30 edicións.
“A burocracia do Goberno de Abel Caballero está dificultando e mesmo poñendo en risco a realización de eventos por parte de entidades que son, na súa práctica totalidade, asociacións sen ánimo de lucro”, lamentou o portavoz do BNG, que reclamou ao Goberno municipal que “se poña as pilas” e deixe de ser un “atranco” á hora de organizar estes actos e festas que son posíbeis “grazas ao esforzo e traballo voluntario” de moitos colectivos da cidade.
“Entidades que están organizando actividades de carácter cultural, de convivencia e festivas en todos os barrios e parroquias da nosa cidade, que en lugar de recibir o apoio e o alento do Concello teñen que vivir instaladas nunha permanente improvisación pola falla de resposta”, remachou.
Vigo suma sabor a su Navidad con el food truck del famoso chef Dabiz Muñoz. Vuelve "Pollos Muñoz", que ya arrasó en su última visita
Las obras de construcción de Gol ya no permiten ver con claridad parte del césped y la totalidad de las tres gradas de Balaídos
Vigo y su área disfrutan de un otoño inusual con días de calor y sol. Una situación que está a punto de cambiar porque ya se prevén lluvias
El Náutico de Vigo renuncia al servicio de hostelería. El club ha despedido a parte de la plantilla, que siente "desprotección"
La UVigo reafirma su compromiso institucional con las políticas de sostenibilidad y destaca su esfuerzo por las energías renovables y el ahorro energético
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL