O Bloque Nacionalista Galego demandoulle esta mañá ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que deixe de mentir ás viguesas e vigueses sobre a saída sur de alta velocidade. O concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, afirma que é “absolutamente falso que a conexión entre Vigo e Porto sexa prioritaria para o Goberno español” e denuncia que os orzamentos xerais do Estado só prevén 200 mil euros para elaborar o novo estudo informativo do trazado, cando o anterior custou máis dun millón.
Igrexas ironizou coa previsión defendida polo rexedor de que a saída sur será realidade en 2030, afirmando que “xa coñecemos a capacidade de prognóstico de Caballero, que cando era ministro en 1988 anunciou que o AVE chegaría a Vigo en 1993.
O portavoz municipal nacionalista cualificou de “patochada propagandística” as declaracións do alcalde após un encontro cun ministro portugués, trasladando un hipotético compromiso do Goberno español coa conexión entre Vigo e Porto. “É absolutamente falso que a saída sur sexa unha prioridade para o Goberno estatal de PSOE e Unidas Podemos, e non o di o BNG, dino os orzamentos xerais do Estado que aprobaron”, asegurou.
A este respeito, Igrexas apuntou que nas contas do vindeiro 2021 o executivo central apenas consignou unha partida de 200 mil euros para a elaboración dun novo estudo, cando o anterior superara en 2007 o millón de euros de custe e hoxe se estima que se precisaría 1,5 millóns de euros. “Esa é a verdade dos números, a de que detrás da propaganda e das promesas, só hai fume e a saída sur vai volver quedar no caixón”, remachou.
O BNG inscribe esta falla de compromiso cunha conexión ferroviaria “estratéxica para Vigo, para a súa área e para o conxunto de Galiza”, dentro duns orzamentos estatais que insisten na discriminación do noso País e que desatenden as necesidades da principal cidade galega.
“PSOE e Podemos veñen de votar NON ás emendas coas que o BNG pedía que se aumentase en 45,5 millóns de euros o investimento estatal en Vigo. O máis grave é que parece que o alcalde que presume de defender Vigo por acima de todo bendice este agravio”, reprochou Igrexas.
Ikea ha anunciado un nuevo espacio en Vigo con muchas novedades en la ciudad. Decoración, su nueva colección y la línea Ikea Food
Tres responsables del astillero Cardama de Vigo se enfrentan a prisión. El juicio se refiere al accidente laboral mortal ocurrido en 2022
Este proyecto de Tomiño supondrá la puesta en valor de joyas patrimoniales como la iglesia románica, el Tetón o la Torre de Tebra
En un barrio de Vigo donde las luces navideñas no llegan, unos vecinos han decidido organizar su propio encendido
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL