O Bloque Nacionalista Galego solicitará á concellaría de Fomento que garanta a accesibilidade ao centro de saúde de Lavadores mentras duran as obras de instalación das ramplas mecánicas. Así o anunciou o Portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, tras comprobar in situ esta mañá as dificultades denunciadas pola veciñanza e que motivaron varias queixas ao Concello.
Na maña do pasado mércores varias persoas non puideron acceder ao centro de saúde por causa da maquinaria de obra que ocupaba o vial de acceso que con Ramón Nieto e polo estado impracticábel da beirarrúa, esvaradiza pola abundante presenza de lama. Isto impediu mesmo que unha anciá con mobilidade reducida puidese acudir a vacinarse.
Deslocado até o lugar a última hora da mañá, Igrexas puido comprobar as malas condicións de acceso e a ausencia de pasarelas peonís que garantan o tránsito seguro. Emporiso, vai solicitar formalmente á concellaría de Fomento que dea instrucións á empresa encargada das obras para poñer solución inmediata a esta situación.
"Este vial é o acceso a unha dotación absolutamente esencial como o centro de saúde, ao que teñen que acudir persoas maiores e con problemas de mobilidade. As obras de instalación das ramplas mecánicas, que se van demorar como mínimo até finais de maio do ano próximo, non poden ser unha nova barreira", demandou o portavoz municipal nacionalista.
Desde o BNG critican que este caso volve evidenciar a falla de supervisión e seguimento das obras públicas por parte do Concello, polo que insisten en demandar a creación dunha Comisión de Seguimento a nivel municipal. "Non podemos seguir aceptando que as obras sexan un verdadeiro calvario para a veciñanza", esixiu.
Este miércoles se concede el Premio Planeta de Novela. Estas son las 10 finalistas y una de ellas está ambientada en Galicia
El PP exige a Caballero que admita "que incumplirá su promesa". Aseguran que el AVE entre Vigo y Portugal no estará en 2030
La persona afectada por la agresión en Vigo, que ha denunciado judicialmente los hechos, se encuentra de baja
Caballero agradece el informe elaborado "por el mejor abogado deportivo de España" para acercar el Mundial 2030 a Vigo
Unha trintena de persoas integran a formación musical que acaba de iniciar os ensaios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL