O Bloque Nacionalista Galego demandará explicacións ao Goberno municipal pola talla de varias árbores realizada nos últimos días na praza da Princesa. Denuncian o “arboricidio permanente” que se sigue a perpetrar na cidade e urxen unha rectificación por parte do Concello.
Así o anunciou esta mañá o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas. “A corta de varios exemplares de liquidámbares na praza da Princesa supón un novo arboricidio en pleno corazón da nosa cidade. Unha actuación que consideramos inxustificada polo que imos pedir explicacións ao Goberno local desta nova agresión contra do arborado urbano”, afirmou. O portavoz municipal nacionalista recalca que “as árbores son moito máis que un elemento ornamental, non son apenas mobiliario urbano, senón que xogan un papel fundamental no ecosistema urbano”.
Igrexas denuncia que os exemplares tallados tiñan nalgúns casos máis de vinte cinco anos e ofrecían unha importante zona de sombra na praza da que disfrutaba moita veciñanza. “Temos que seguir insistindo desde o BNG en esixir que cese o arboricidio permanente, en pedir a fin deste comportamento absolutamente irresponsábel en termos ambientais, que despreza e maltrata o arborado urbano de Vigo e que non está a altura da elevada conciencia ecolóxica que temos unha amplísima maioría das viguesas e dos vigueses”, reclamou o edil nacionalista.
“Os tempos nos que se trataba as árbores coma se fosen postes con follas xa quedaron felizmente no pasado. Por iso o Goberno de Abel Caballero debera comprender a importancia que ten o arborado para a nosa cidade”, remachou.
La mayoría de viajeros del Galicia-Madrid coinciden en que fue "una odisea" realizar el viaje tras estar suspendida la línea una semana
Da por hecho que la superficie quemada aumentará en los próximos días y dice que se conocerá el dato definitivo cuando se apaguen los fuegos
El control se estableció este miércoles en el punto fronterizo de la la autovía A-55. Se interpusieron varias denuncias
Denominaciones de Origen de la provincia de Ourense barajan pérdidas ocasionadas por los incendios al inicio de la vendimia
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL