O Bloque Nacionalista Galego anunciou esta mañá en Vigo que levarán ao Congreso dos Deputadosa demanda de que se instalen barreiras acústicas ao paso da AP9 polo barrio de Teis. O concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, facíao público após se coñecer a través de informacións xornalísticas a intención de Audasa de instalar pantallas redutoras de ruído no tramo que une Vilaboa e Chapela.
“O BNG imos levar esta histórica demanda da veciñanza de Teis ao Congreso, a través dunha iniciativa que formulará con carácter urxente o noso deputado Néstor Rego, para urxir do Goberno español un compromiso claro nesta cuestión e esixir da concesionaria que actúe”, explicou o portavoz municipal nacionalista.
Igrexas advertíu de que sería “inxustificábel” que “a veciñanza de Teis e de Vigo volva ser ignorada por Madrid e por Audasa”. “O barrio de Teis non pode continúar a padecer estes niveis de contaminación acústica”, reclamou, defendendo que a instalación de barreiras acústicas pode ser unha solución eficaz entrementres non se resolve a conversión en vía urbano de todo o tramo da AP9 que discorre desde as Torres de Padín até o centro da cidade. Unha actuación que fica pendente tanto do seu encaixe no planeamento urbanístico como dun acordo co Ministerio de Transportes.
“O trazado da AP9 tronzou Teis e supón grandes prexuízos para as veciñas e veciños. É hora de comezar a corrixilos”, remachou.
Tras una semana sin Alta Velocidad entre Galicia y Madrid, este miércoles podría reabrir. Así lo ha avanzado el ministro Óscar Puente
Premio millonario en Redondela. Un afortunado o afortunada se ha llevado este martes El Millón de Euromillones
Leve respiro en Galicia. Se mantienen activos los grandes incendios pero las hectáreas afectadas no aumentan
Ya se conoce el día de inauguración de la marca nacional que ha escogido la ciudad de Vigo para abrir su primer local en Galicia
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL