O Bloque Nacionalista Galego denuncia o “colapso” do hospital de día de oncoloxía do Álvaro Cunqueiro. A fronte nacionalista vén de rexistrar iniciativas no Parlamento galego reclamando á Xunta que reforce de inmediato o servizo para poñer fin "ás demoras na atención e para evitar que as persoas doentes sexan enviadas de volta aos seus domicilios sen recibir os tratamentos de quimioterapia".
“Esta situación está saíndo á luz pública pola valentía das persoas doentes que se atreven a denunciar este colapso, a pesares da vulnerabilidade na que se atopan debido á gravidade da súa doenza”, destacou a deputada e portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento galego, Montse Prado.
Prado criticou a “falla de planificación” da Xunta do PP lembrando que, na última década, aumentou más dun 11% a demanda deste servizo. Así, algunhas xornadas chegan a ser 50 as persoas atendidas no hospital de día de oncoloxía, "moi por riba das ratios para o persoal dispoñíbel", sinalan para engadir que "en lugar de 7 doentes por cada profesional de enfermería, como está recomendado, nalgúns momentos atenden até 18 persoas por enfermeira ou enfermeiro".
A portavoz de Sanidade do Bloque insta ao Goberno galego a dimensionar canto antes o hospital de día oncolóxico do Álvaro Cunqueiro de Vigo, tanto nas ratios de persoal-doentes como no espazo dispoñíbel, para poder dar resposta á demanda existente e evitar que se sigan repetindo estas demoras na atención.
De por parte, o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, inscribiu a "situación inadmisíbel que se vive no hospital de día de oncoloxía" como un dos exemplos "máis duros e inxustos" da política sanitaria do PP. "Mentras o PP entrega cada ano centos de millóns de euros públicos ás empresas amigas da sanidade privada, persoas enfermas de cancro son devoltas a casa sen recibiren tratamento", denunciou.
Vigo trabaja a toda velocidad para abrir sus chiringuitos, que finalmente serán 10 y no 11 al quedar uno de ellos desierto
En el municipio de Leiro los termómetros marcaron el máximo valor en la provincia y en Galicia. La estación registró 38,7 grados
El presidente de la Xunta ha participado este viernes en el acto del décimo aniversario del Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Desvelados los inscritos para el Rallye Rías Baixas 2025. "Cohete" Suárez, Alejandro Cachón o Javi Pardo, entre los más de 90 equipos
Nin a maior extensión, nin a antigüidade nin a estabilidade climática explican a maior diversidade
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL