O Bloque Nacionalista Galego insta ao Goberno municipal de Vigo a esixirlle a Vitrasa, empresa concesionaria do servizo de autobús urbano, a recuperación de todas as frecuencias suprimidas desde a pandemia e o retorno aos horarios fixos.
O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou que Abel Caballero "premie" a Vitrasa cun aumento da subvención municipal que recibe, para financiar as tarifas bonificadas, mentres a compañía non recuperou inda as frecuencias existentes antes do inicio da pandemia e insiste en precarizar as condicións salariais e laborais do seu persoal. “Non podemos premiar cada ano con case 13 millóns de euros de diñeiro público a unha empresa que presta menos e peor servizo á cidade”, reprochou.
Igrexas denuncia que “son evidentes os recortes que seguimos padecendo as usuarias e usuarios do autobús en Vigo” e que "unicamente benefician á empresa". Neste sentido, apuntou como exemplo que coa fusión das liñas 8 e 9A na nova liña A, a empresa recortou 30 frecuencias diarias e duplicou o tempo de percorrido até unha hora e media. Ademais, lembrou que o actual goberno local autorizou a Vitrasa para impoñer un novo modelo de “horarios flexíbeis”, que o único que lograron foi "precarizar o servizo e dificultar o uso do autobús", polo que demanda o retorno aos horarios fixos. “Non ten sentido que ao longo dun mesmo día haxa diferentes horarios e frecuencias para un mesmo bus”.
“Caballero non pode seguir escusándose nun prego do ano 1994, que foi aprobado por outro alcalde do PSOE, cando foi el quen decidiu prorrogar até 2025 a concesión hipotecando a cidade cun servizo de bus que non está a altura das necesidades das viguesas e vigueses”, advertiu o portavoz municipal nacionalista.
Desde o BNG instan ao rexedor esixir a reversión dos recortes e reiteran a "necesidade" de preparar a remunicipalización do servizo de autobús urbano cando remate a actual prórroga da concesión.
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
El hombre fue pillado 'in fraganti' dentro de un local del centro de Vigo. Después, emprendió una huida y se escondió bajo un coche
Las Rías Baixas llegan al particular 'Times Square' de Madrid. Este vídeo se proyectará en plena Gran Vía para enamorar a España y al mundo
Lamentan la concentración del servicio de Pediatría en el nuevo centro de salud Olimpia Valencia, ubicado en la calle Lalín
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL