O Bloque Nacionalista Galego esixe unha "emenda total das políticas sanitarias kamikazes da Xunta de Galicia". Así o reiterou este venres o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, diante do colapso que rexistran un verán máis os centros de saúde e os servizos hospitalarios da cidade.
“Estes días estamos a ver de maneira clara e rotunda as gravísimas consecuencias que teñen as políticas de recorte e privatización aplicadas pola Xunta do PP en contra da sanidade pública”, denunciou Igrexas, que lembrou que as viguesas e vigueses “teñen dereito a unha atención sanitaria de calidade todos os días do ano, tamén en verán”.
O portavoz nacionalista censurou as largas esperas na Atención Primaria, "con moitos centros de saúde da cidade superando nestes momentos as tres semanas para unha cita coa médica ou médico de Familia". Unha saturación que está a "incrementar aínda máis a presión asistencial nas Urxencias hospitalarias do Álvaro Cunqueiro, con case 500 ingresos diarios", e no Punto de Atención Continuada (PAC).
En particular, Igrexas cualificou de “especialmente grave e sensíbel” as demoras na atención pediátrica, con centros como o de Teis que durante días van carecer de profesionais para atender ás crianzas. “Un verán máis, por resultado das nefastas políticas sanitarias do PP, moitas familias da nosa cidade se ven privadas dunha consulta pediátrica”, lamentou. Do mesmo xeito, alertou da “inaceptábel” situación que padecen as e os doentes crónicos, cuxos tratamentos se ven interrompidos para atender os casos considerados urxentes.
“O BNG temos que esixir máis unha vez unha emenda total, un xiro de 180 graos, nesta política kamikaze que está conducindo ao total colapso da atención sanitaria na nosa cidade”, remachou o voceiro do BNG, que urxiu ao Goberno galego a reforzar con todos os medios necesarios a Atención Primaria, como “espiña dorsal” do sistema público de saúde, así como dos servizos de Urxencias do Álvaro Cunqueiro e do PAC.
En el municipio de Leiro los termómetros marcaron el máximo valor en la provincia y en Galicia. La estación registró 38,7 grados
El presidente de la Xunta ha participado este viernes en el acto del décimo aniversario del Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Desvelados los inscritos para el Rallye Rías Baixas 2025. "Cohete" Suárez, Alejandro Cachón o Javi Pardo, entre los más de 90 equipos
La Xerencia Municipal de Urbanismo dará luz verde el próximo martes al proyecto de recuperación de un edificio situado en López de Neira
Nin a maior extensión, nin a antigüidade nin a estabilidade climática explican a maior diversidade
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL