O BNG leva ao Congreso a demanda veciñal de Teis para mellorar os pasos da Xorxa e da Trapa

Publicidad

O Bloque Nacionalista Galego trasladará ao Congreso, a través dunha iniciativa do seu deputado, Néstor Rego, o reclamo da veciñanza de Teis para que o ministerio de Transportes e Audasa acometan as melloras necesarias nos pasos elevados da Xorxa e a Trapa, sobre a AP9, que permitan o seu uso seguro por vehículos e peóns.

Así o anunciou esta mañá o concelleiro do Bloque na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, que criticou a resposta evasiva por parte do ministerio a unha pregunta da Asociación Veciñal de Teis.Os pasos da Xorxa e a Trapa son imprescindíbeis para evitar que estas zonas do barrio de Teis fiquen incomunicadas”, explicou, rexeitando o pretenso do ministerio de reducilos a pasarelas de uso peonil.

Diante da falla de resposta do Goberno español, o BNG levará a reivindicación da veciñanza de Teis ao Congreso urxindo un compromiso claro para executar melloras nun pasos elevados nos que non se actuou nas últimas catro décadas.

Igrexas tamén lamentou a falla de actuación por parte do Goberno municipal nesta cuestión. “Malia os titulares e as declaracións, o alcalde non fixo ningunha xestión”, reprochou.

Salir de la versión móvil