• Halloween Rías Baixas
  • Ruta Vigo Samaín
  • Magosto Vigo
  • Balaídos Mundial 2030
  • Ruta gratis Nigrán
  • Espectáculo Navidad
  • Alta Velocidad
  • Rodaje en Vigo
  • Plan saludable Valença
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O BNG liderará unha ofensiva en Europa para impulsar a alta velocidade entre Vigo e Portugal

O BNG liderará unha ofensiva en Europa para impulsar a alta velocidade entre Vigo e Portugal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
10/06/2022

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e o portavoz municipal do BNG vigués, Xabier P. Igrexas, subliñaron este venres que o BNG está desenvolvendo unha "ofensiva nas institucións" para que Galicia non continúe no retraso de vertebrar as conexións entre Galiza e o norte de Portugal, ante a "inacción do Goberno estatal para impulsar a vertente galega do Corredor Atlántico e mellorar a conexión ferroviaria entre Vigo e Porto".

Para o Bloque é "imprescindible" a modernización e a mellora do servizo da liña ferroviaria entre Vigo e Porto e por iso vén de presentar iniciativas no Parlamento Europeo e no Congreso para que estas infraestruturas e a integración da liña de mercadorías Vigo – Porto no Corredor Noroeste teñan garantido o financiamento con fondos europeos. En concreto, a iniciativa presentada na Eurocámara a través da coalición na que está integrada o Bloque pregunta os prazos concretos e o orzamento para desenvolver as infraestruturas correspondentes.

Másnoticias

Personal sanitario pide "tolerancia cero" tras la agresión a una enfermera en Vigo

Personal sanitario pide "tolerancia cero" tras la agresión a una enfermera en Vigo

14/10/2025
Los motoristas de Vigo se preparan para la noche más tenebrosa del año

Los motoristas de Vigo se preparan para la noche más tenebrosa del año

14/10/2025

O BNG considera "fundamental" acometer a modernización e mellora da rede e os servizos ferroviarios, que inclúen a saída sur de Vigo, como instrumento de vertebración territorial, cohesión social, desenvolvemento sustentable e conciliación entre a vida laboral e familiar. “Trátase dunha reivindicación histórica que leva 20 anos de anuncios”, salientan. “A falta de vontade política de PP e PSOE nos sucesivos gobernos do Estado para levar a cabo a modernización da liña entre Vigo e Porto impide que Galiza deixe de estar discriminada, xa que decidiron investir noutros territorios en detrimento de Galiza, o cal só provoca un retraso continuado das datas”, explicou Ana Miranda.

Defensa desde Portugal

“Resulta moi curioso que sexa o primeiro ministro de Portugal o que reclame a alta velocidade entre Galiza e Portugal e defenda a mellora da conexión ferroviaria entre Lisboa e Vigo”, expresou Ana Miranda en relación ás declaracións de Antonio Costa, quen en diferentes manifestacións salientou a importancia de reducir os tempos de viaxe entre Vigo e Porto. De feito, xa en 2020 o goberno portugués publicou o Programa Nacional de Investimentos 2030 que no referido ao transporte ferroviario dá interese estratéxico ás conexións Lisboa-Porto e entre Porto e o Miño.

Este proxecto contempla, unha vez desenvolto este plan, a duración da viaxe entre Vigo e Porto reducirase de 2 horas 23 minutos a 55 minutos e a viaxe entre Vigo e Lisboa quedaría reducida a 2 horas e media. Neste sentido, a iniciativa presentada polo Bloque no Congreso pregunta ao Goberno español que posición mantén o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana ante las declaracións do Ministro luso del ramo, apelando a impulsar a modernización da conexión ferroviaria Vigo – Porto.

Conexión estratéxica para Vigo

Por outra parte, o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, subliñou a “importancia estratéxica” que para Vigo e a súa área ten a conexión ferroviaria con Portugal. “Trátase dun elemento esencial se queremos liderar a Eurorrexión Galiza – Norte de Portugal”, advertiu.

Igrexas cualificou de “indefendíbel” que nesta altura dúas urbes como Vigo e Porto estean conectadas por apenas dúas frecuencias diarias cun tren que tarda case 2 horas e media en completar o percorrido. “Algo así non sucede en ningún outro lugar de Europa. Falamos dun tren que tarda case 45 minutos máis que o traxecto en coche por estrada para conectar dúas grandes áreas urbanas”, enfatizou.

O portavoz municipal nacionalista urxiu a mellora substancial de frecuencias, a modernización da infraestrutura e do material rodante na conexión convencional, e instou a acelerar de verdade o desenvolvemento da Saída Sur para completar a conexión de alta velocidade.

A respecto desta última cuestión, Igrexas afirmou que “o feito inaceptábel de que en pleno 2022 inda esteamos pendentes dun estudo de alternativas para a Saída Sur é a evidencia incontestábel do abandono que Vigo e Galiza padecemos en materia ferroviaria por parte dos sucesivos Gobernos españois, do PSOE ou do PP”.

Igrexas reclamou ao actual executivo central de PSOE e Unidas Podemos que abandone a “cegueira centralista” coa que seguen castigando a cidade e o conxunto do noso País. “As viguesas e vigueses estamos xa fartas da promesas e boas palabras. Queremos compromisos reais no BOE”, esixiu.

 

 

Temas: BNGPortugalVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Personal sanitario pide "tolerancia cero" tras la agresión a una enfermera en Vigo
Enfoque

Personal sanitario pide "tolerancia cero" tras la agresión a una enfermera en Vigo

La persona afectada por la agresión en Vigo, que ha denunciado judicialmente los hechos, se encuentra de baja

PorEuropa Press
14/10/2025
Vigo anuncia la instalación de "una grúa gigantesca" para avanzar en la construcción de Gol en Balaídos
Enfoque

Balaídos, ¿a un paso del Mundial 2030? "Estamos en la expectativa de que ya se nomine a Vigo"

Caballero agradece el informe elaborado "por el mejor abogado deportivo de España" para acercar el Mundial 2030 a Vigo

PorCarlos I. Castrillón
14/10/2025
La alcaldesa de Moaña, tras el bronco pleno de subida de la basura: "Tenían intención de agredirnos"
Enfoque

La alcaldesa de Moaña, tras el bronco pleno de subida de la basura: "Tenían intención de agredirnos"

La alcaldesa de Moaña y los regidores de Cangas y Bueu no pudieron abandonar el edificio hasta la medianoche, escoltados por la Guardia Civil

PorUxía Pérez
14/10/2025
La Xunta corona a los 33 "concellos hermosos" de Galicia entregando estas banderas verdes
Enfoque

La Xunta corona a los 33 "concellos hermosos" de Galicia entregando estas banderas verdes

Descubre qué concellos han sido premiados por la Xunta con una Bandera Verde: seis están en la provincia de Pontevedra

PorCarlos I. Castrillón
14/10/2025
Unha orquestra para a Universidade de Vigo
Enfoque

Unha orquestra para a Universidade de Vigo

PorCarlos I. Castrillón
14/10/2025

Unha trintena de persoas integran a formación musical que acaba de iniciar os ensaios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

18octTodo el día19Fiesta de la Batalla de Rande en MeirandeFIESTAS | REDONDELA

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X