O Bloque Nacionalista Galego rexeita o proxecto dunha ‘sala de lectura’ sen libros e demanda unha biblioteca de verdade para Teis. Así o trasladou a fronte nacionalista nun encontro con representantes da Asociación Veciñal de Teis e das Anpas do barrio, a quen lles recoñeceu o propio Goberno municipal que non ten intención de poñer en marcha unha biblioteca.
“Son máis de 9 anos de promesas, de máis de 20 anuncios por boca de Abel Caballero, que se van converter nunha verdadeira estafa á veciñanza de Teis”, cuestionou nese sentido o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, acompañado da tamén concelleira nacionalista, Ana Martínez. Na xuntanza, os colectivos do barrio trasladaron a súa indignación perante o “engano” da promesa incumprida por parte do Goberno municipal e manifestaron a súa intención de seguir a reclamar a biblioteca.
Igrexas insistiu en que Teis “merece e necesita” esta dotación e non apenas un espazo sen libros nin persoal bibliotecario, na liña das salas de lectura abertas polo Goberno local durante os últimos anos. Ademais, o voceiro nacionalista advertiu de que o proxecto de Abel Caballero quere reducir substancialmente as dimensións do actual inmóbel (o antigo ambulatorio de Teis) que prevé demoler para a nova construción.
Así, dende o BNG reprocharon que vaia contar con 100 metros cadrados menos de superficie e un 30% menos de postos de lectura que a única biblioteca municipal existente, a Neira Vilas no Calvario, impulsada polo BNG no ano 2011 cando xestionaba a área de Cultura. Un proxecto que, subliñou Igrexas, apostan por retomar co obxectivo de despregar unha rede municipal de bibliotecas en todos os barrios e parroquias da cidade. “Xa abonda de tanta tomadura de pelo”, asegurou Igrexas. “O BNG trasladamos o compromiso de que imos seguir dando a batalla para que Teis teña a biblioteca e para avanzar nunha política que democratice de verdade o acceso á cultura para toda a veciñanza de Vigo”, engadiu.
Los billetes de tren vuelan con la oferta "Black Friday" de Renfe. Todavía quedan viajes con "superprecios" hasta el 1 de diciembre
Caballero ha querido escuchar propuestas para Castrelos 2025. Estas son las candidaturas mejor posicionadas en Vigo
La Bonoloto sonríe de nuevo a Pontevedra. Un o una acertante de Baiona se ha llevado este buen "pellizco"
Un programa de televisión nacional vuelve a poner el foco en Vigo. Mostrará el tenso rescate de un conductor que se precipitó al agua en el Puerto
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL