O Bloque Nacionalista Galego demanda acceso a todas as cartas de interese enviadas polo Concello de Vigo a promotoras artísticas dende o pasado 1 de xaneiro de 2022. Así o anunciou este mércores o portavoz municipal da fronte nacionalista, Xabier P. Igrexas, quen asegurou que esta solicitude está motivada polas “continuas falsidades e mentiras” do Goberno local en relación ao concerto de Guns N Roses.
“Facémolo no obxectivo de seguir avanzando no esclarecemento profundo do sucedido no irregular e frustrado proceso de patrocinio publicitario da actuación da banda estadounidense”, subliñou Igrexas. Dende o Bloque retan desta forma ao Goberno municipal a demostrar que se enviaron outras cartas de interese, tal e como afirmou repetidas veces o voceiro socialista, Carlos López Font, para tentar xustificar que non existía un preacordo coa promotora de Guns N Roses e que estas misivas se tratan dun procedemento habitual.
“Por iso queremos coñecelas todas e o seu contido”, salientou o portavoz do BNG de Vigo. Nese sentido, lembrou como o propio Font negou nun primeiro lugar a existencia dunha carta de interese para, posteriormente, asegurar que se trataba dun documento xenérico e sen compromisos concretos. Afirmacións que, tras facer pública o BNG a misiva enviada á promotora Sweet Nocturna, quedaron en evidencia como “falsidades para encubrir todo o sucedido”. Así, o documento contiña datos específicos sobre o concerto de Guns N Roses e o importe a pagar, e foi emitido malia as advertencias da Asesoría Xurídica do propio Concello.
Igrexas avanzou que esta solicitude é “un paso máis” dentro do proceso de análise en detalle das case 4.300 páxinas de documentación municipal relacionadas coa actuación da banda estadounidense e o patrocinio publicitario. “Do que dependa do BNG, as viguesas e vigueses van coñecer toda a verdade, caia quen caia, de como xestiona os recursos públicos o Goberno municipal de Abel Caballero”, remachou.
Vigo suma sabor a su Navidad con el food truck del famoso chef Dabiz Muñoz. Vuelve "Pollos Muñoz", que ya arrasó en su última visita
Las obras de construcción de Gol ya no permiten ver con claridad parte del césped y la totalidad de las tres gradas de Balaídos
Vigo y su área disfrutan de un otoño inusual con días de calor y sol. Una situación que está a punto de cambiar porque ya se prevén lluvias
El Náutico de Vigo renuncia al servicio de hostelería. El club ha despedido a parte de la plantilla, que siente "desprotección"
La UVigo reafirma su compromiso institucional con las políticas de sostenibilidad y destaca su esfuerzo por las energías renovables y el ahorro energético
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL