• Planes finde
  • Festa do Choco
  • Castrelos 2025
  • Brincadeira Bouzas
  • Resort de Pontevedra
  • Mercadiño
  • Sementeira
  • Asociacionismo Xunta
  • Fiestón Celta
  • Cine gratis
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O CAAN da Deputación bate o seu récord anual de adopcións a dous meses de que finalice o 2020

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
03/11/2020

Coa saída de “Noa”, “Tula”, “Toba”, “Morito” e “Coba”, o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra vén de superar o seu récord anual de adopcións acadado o pasado 2019, cando aínda faltan dous meses para que remate este ano. Cun total de 467 cans e cadelas que atoparon un fogar nestes dez meses, a cifra deste 2020 cobra aínda maior relevo pola situación da pandemia, que obrigou a suspender estes procesos entre marzo e maio co estado de alarma.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou que este magnífico balance do CAAN, que supón unha media de 1,5 animais adoptados cada día, anima á institución provincial “a seguir traballando polo benestar destes cans e cadelas que temos no centro, co obxectivo último de procurarlles un fogar en condicións”. e Carmela Silva destacou o éxito que están a ter as campañas para a adopción, de feito xa son máis de 2.400 as adopcións acadadas desde 2015, e confía en que ao remate deste 2020 se poderá superar o obxectivo marcado pola institución de 500 animais adoptados, a pesar dos meses de parón pola Covid-19.

Másnoticias

El área de Vigo ganará una nueva zona recreativa con bar, un paseo costero y espacios naturales

07/05/2025

Así es el proyecto para la reurbanización del casco urbano de Arcade

07/05/2025

Máis polo miúdo, desta cifra total de 467 adopcións, 454 formalizáronse en España e 13 en Portugal. Das primeiras, 417 corresponden a fogares galegos, mentres que o resto dos animais viaxaron a Castela León (18), Asturias (5), Cataluña (4), Madrid (3), País Vasco (3) e Andalucía (3). En Galicia a maior parte das adopcións, foron na provincia de Pontevedra, cun total de 337, seguidas por Lugo (55), A Coruña (23) e Ourense (2). E dentro da provincia, a cidade de Pontevedra ten o maior número de adopcións (37); seguida de Vigo (32), Meis (24), A Estrada e Sanxenxo (ambos concellos con 20), Cambados (18) e Marín e Vilagarcía (14).

Entre estas adopcións hai que destacar aos tres animais que máis tempo levaban no CAAN, “Apro”, que pasou seis anos no centro, e “Coqui” e “Nikita”, que estiveron catro. No primeiro caso, “Apro” entrou no CAAN en xullo do 2014 sendo un cachorro de só tres meses e fora recollido polo persoal do centro abandonado en Barcela, no concello de Arbo. Agora chámase “Bico” e vive cunha nova familia en Madrid. A testemuña de veterano do centro a recolleu entón “Coqui”, que fora recollido no 2016 en Silleda con tan só tres meses, pero este ano tamén puido deixar as instalacións da Armenteira tras ser adoptado por unha familia en Marbella. Amais, neste pasado mes de outubro marchouse a Granada “Nikita”, tamén nacida no 2016 e que levaba toda a súa vida no CAAN, xa que chegou con tan só un mes de idade xunto a outros seis membros dunha mesma camada abandonados en Lalín. Ela fora a única supervivente.

Na actualidade, a veterana do CAAN é “Marce”, que leva os seus tres anos de vida no centro. Esta cadela entrou con dous meses de idade en abril do 2017 xunto ao seu irmán “Teodoro”, despois de que ambos foran abandonados en Lalín, pero este último fora adoptado tan só un mes despois. Xunto a ela esperan adopción nestes momentos no centro outros 230 animais.

Recollidas: baixan os abandonos

Estas magníficas cifras de adopcións teñen o seu contrapunto nas recollidas que leva desde xaneiro o CAAN, cun total de 988, tamén a pesar de que durante o estado de alarma restrinxírase o servizo aos casos de necesidade. Non obstante, hai que sinalar que a cifra segue a reflectir a tendencia á baixa no número de recollidas dos últimos anos, que foron descendendo das 1.788 no 2018 ás 1.332 o pasado 2019. Amais, preto da metade dos 988 animais que levamos no que vai de ano puideron ser devoltos ás persoas propietarias, 284 deles no mesmo lugar onde se produciu o aviso da súa aparición e 188 os recolleron nas propias instalacións do CAAN.

O CAAN da Deputación presta servizo a 50 concellos da provincia, despois das adhesións neste 2020 de Ponteareas e O Porriño. Hai que lembrar que as adopcións no centro son gratuítas e o persoal sempre asesora ás persoas interesadas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitar o centro como para formalizar as adopcións hai que solicitar cita previa no teléfono 986 140 360. Os animais saen do centro vacinados, con chip, desparasitados e esterilizados.

Temas: Deputación de Pontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Vigo y su área, en alerta amarilla este sábado por fuertes lluvias

Las lluvias serán protagonistas de este sábado en toda la provincia de Pontevedra. Hay activado un aviso amarillo por fuertes lluvias desde el mediodía

PorIván Dacal
09/05/2025
Foto: Augusta Eco Wellness Resort Sanxenxo
Enfoque

Un resort de Pontevedra estrena nueva zona acuática para "los niños de todas las edades"

Así es la zona "AquaSplash" que acaba de estrenar un macro complejo de Galicia. Un espacio dedicado al bienestar en "la capital del turismo"

PorAlfredo Teja
09/05/2025
Proyecto que pretendía hacer la Xunta en calle Lalín
Enfoque

La Xunta no descarta la vía judicial para realizar su proyecto del centro de asociacionismo de Vigo

El Concello de Vigo responde a la Xunta y avanza cuáles son sus planes para el edificio de los antiguos juzgados de la calle Lalín

PorMetropolitano
09/05/2025
Enfoque

Las obras en los túneles de la AP-9 en Galicia, entre ellos dos de Vigo, afectarán al tráfico

Las afectaciones al tráfico se iniciarán el 12 de mayo a las 22:00 horas en el túnel de Candeán, (km 154 de la AP-9), con un corte de carril

PorMetropolitano
09/05/2025
Extra

La UVigo pone en marcha el horario especial de apertura de sus bibliotecas

PorMetropolitano
09/05/2025

Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

10may18:00Circo de Pinocho en VigoCIRCO | VIGO

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X