A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asegurou hoxe “non dar crédito” á negativa do Pleno da Corporación para que o Concello redondelán solicitase unha subvención de carácter plurianual –de aí a necesidade da aprobación plenaria– para a demolición da nave situada nas inmediacións do convento de Vilavella para dotar á zona dun aparcadoiro disuasorio.
A creación desta zona de estacionamento, fora unha petición da veciñanza da contorna da Praza de Ponteareas, como solución non só para as e os residentes da zona senón tamén para as persoas que, chegando das parroquias, puideran deixar os seus vehículos nun lugar céntrico.
Compre lembrar que, para levar adiante este proxecto, o Concello viña de adquirir para o patrimonio municipal, a parcela situada a carón do convento de Vilavella por un importe de 449.350 euros dos que 416.226 euros foron achegados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019. Trátase dun solar de preto de 4.000 metros cadrados no que, tralo derrubo da nave existente, serviría para crear unha nova zona de esparexemento para a veciñanza e o aparcadoiro disuasorio.
A subvención para a que o Concello solicitaba a aprobación do Pleno, permitiría derruír a nave e comezar os traballos para a transformación do espazo no estacionamento que reclamaba a veciñanza, instalación que pola súa proximidade ao centro urbano, contribuiría a desmasificación de aparcamento de vehículos que diariamente se produce nas beiravías da estrada e completaría aos dous libres xa existentes no casco urbano reforzados polo aparcadoiro soterrado da Xunqueira.
Digna Rivas cualificou de “irresponsable” a actitude dos grupos da oposición “que prefiren deixar as peticións e intereses da veciñanza en segundo plano, e antepoñer ao ben común calquera manobra que sirva para desgastar ao Goberno local”. Rivas amosouse firme ao asegurar que o aparcadoiro disuasorio “era unha petición das veciñas e veciños e iso, para min, está por enriba de calquera outra consideración polo que este estacionamento, dun xeito ou outro, vaise levar a cabo”.
A rexedora local Digna Rivas denunciou “a política de boicot” que desenvolven os grupos da oposición e reafirmouse en que “o aparcamento solicitado pola veciñanza levarase a diante si ou si”. “Fronte a outros, nós non temos máis compromiso que coas nosas veciñas e veciños que outorgáronnos a responsabilidade de Goberno para darlle solución aos seus problemas e ante a inacción de oito anos de Gobernos conservadores”, conclúe a rexedora.
Un restaurante de Vigo presenta su receta para el concurso de la Mejor Pizza de España. Esta es su combinación de sabores
Vigo tiene tan solo 10 días para ultimar todo el montaje de la Navidad. Así se encuentran sus principales atracciones ahora mismo, ¿llegará a tiempo?
Decenas de personas se concentrarán en Redondela para denuncian lo que consideran una "estafa" de Viaxes Loa. Así se encuentra el caso
Vigo tendrá uno de los primeros locales en Galicia de esta famosa hamburguesería. Solo cocine 200 smash burgers al día y es viral
El grupo biofarmacéutico entregará sus reconocimientos anuales en una gala que tendrá lugar el próximo martes 11 de noviembre
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL