O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, anunciou este domingo que a Cámara galega atenderá á petición impulsada polo Partido Galeguista e acollerá un acto de homenaxe para recoñecer o papel de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como presidente do Consello de Galiza.
Así o avanzou Santalices este domingo durante o acto conmemorativo polo 137 aniversario do nacemento do escritor e político de Rianxo no Panteón de Galegos Ilustres de Santo Domingo de Bonaval. Esta homenaxe é froito das conversacións celebradas en datas recentes entre o tres grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia.
Na súa intervención, o presidente do Parlamento lembrou que Galicia celebrou recentemente o 40 aniversario da súa autonomía, unha etapa na que alcanzou unha "estabilidade, crecemento e benestar nunca antes coñecidos".
Un estado que, recoñeceu, "non sería posible sen figuras como Castelao, Otero Pedrayo, Risco ou Bóveda", ás que denominou "sementes da democracia e o autogoberno". Para Santalices, "Galicia está en débeda con todos eles" e, "moi especialmente", con Castelao, como "referente ético e pola súa condición de primeiro presidente do Consello de Galiza", constituído en Montevideo o 15 de novembro de 1944, "como fideicomisario da vontade democrática de autogoberno truncada polo golpe de estado de 1936".
Así mesmo, o presidente do lexislativo autonómico sinalou que este recoñecemento resulta extensivo aos que, do mesmo xeito que Castelao, "traballaron a favor do autogoberno democrático galego", como os deputados galegos exiliados en Sudamérica: Antón Alonso Ríos, Elpidio Villaverde, Ramón Suárez Picallo e Alfredo Somoza.
A celebración contou cunha ampla asistencia entre os que se atopaban o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, que repasou a evolución da comunidade que "pouco ou nada se parece" á época de Castelao.
Ademais, o titular de Cultura tamén encomiou a súa traxectoria como "líder integrador que buscou sumar e cohesionar, non separar" e salientou a relevancia de coñecer e aprender o que fixo pola súa importancia histórica e transcendencia.
A cerimonia, enmarcada ao redor do panteón no que repousaba unha bandeira de Galicia e o libro do discurso que Castelao recitou o Día de Galicia en 1948, estivo acompañada pola actuación musical do 'Cuarteto da Oca', que interpretaron os poemas musicalizados 'Negra sombra', de Rosalía de Castro, 'Unha noite na eira do trigo', de Curros Enríquez, e 'Lela', de Castelao.
Los trabajadores podrán anotarse al ERE de forma voluntaria, pero será la empresa la que tenga la última palabra
Un popular concurso de televisión nacional se traslada al centro de Vigo. Su popular presentador y las cámaras han llamado la atención en Porta do Sol
Un informe detecta árboles "muertos o en regresión" en O Castro. El Concello de Vigo prevé recuperar esta riqueza con nuevas especies
La Deputación afirma que se trata de una noticia que la provincia "llevaba años esperando". La Vía Verde das Rías Baixas, más cerca
Apunta que la UVigo se enfrenta a un reto importante como es la jubilación de decenas de docentes y la caída de la natalidad
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL