O Porriño emprende a reforma "de emerxencia" da cuberta do multiusos polas filtracións de auga

Publicidad

O Concello do Porriño vén de tramitar por emerxencia as obras de reparación da cuberta do Multiusos de Torneiros. "Como consecuencia da absoluta falta de mantemento a cuberta do edificio atópase en moi mal estado polo que, dende hai varios anos, estanse a producir entradas de augas pluviais", lamentan dende o Goberno local.

As xa habituais entradas de auga intensificáronse nas últimas semanas debido ás abundantes precipitacións e treboadas. "Téñense incrementado en grado tal que imposibilitan a práctica das actividades que se desenvolven no mesmo e están a producir importantes danos no interior, ademais de supoñer un risco para usuarios e usuarias das instalacións", engaden dende o Concello.

Con tal motivo, dende a concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, acometeranse de "maneira inmediata" os traballos de reparación que, tal e como explicou o edil,  inclúen “a limpeza da totalidade dos canalóns perimetrais de recollida de pluviais, reposición das últimas de tella, reposición da estrutura e a xanela de acceso á cuberta e a reposición dos entronques”.

“A situación na que se atopa o edificio nos últimos anos é insostible e, ademais de imposibilitar o normal uso das instalacións, supón un risco para os usuarios e usuarias das mesmas xa que os pasillos e aulas anéganse cando chove”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo,  As obras a executar supoñen un investimento de 22.286 euros.

Salir de la versión móvil