O Concello do Porriño vén de tramitar por emerxencia as obras de reparación da cuberta do Multiusos de Torneiros. "Como consecuencia da absoluta falta de mantemento a cuberta do edificio atópase en moi mal estado polo que, dende hai varios anos, estanse a producir entradas de augas pluviais", lamentan dende o Goberno local.
As xa habituais entradas de auga intensificáronse nas últimas semanas debido ás abundantes precipitacións e treboadas. "Téñense incrementado en grado tal que imposibilitan a práctica das actividades que se desenvolven no mesmo e están a producir importantes danos no interior, ademais de supoñer un risco para usuarios e usuarias das instalacións", engaden dende o Concello.
Con tal motivo, dende a concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, acometeranse de "maneira inmediata" os traballos de reparación que, tal e como explicou o edil, inclúen “a limpeza da totalidade dos canalóns perimetrais de recollida de pluviais, reposición das últimas de tella, reposición da estrutura e a xanela de acceso á cuberta e a reposición dos entronques”.
“A situación na que se atopa o edificio nos últimos anos é insostible e, ademais de imposibilitar o normal uso das instalacións, supón un risco para os usuarios e usuarias das mesmas xa que os pasillos e aulas anéganse cando chove”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, As obras a executar supoñen un investimento de 22.286 euros.
La Xunta ha establecido algunas restricciones ante la alerta naranja por fuertes lluvias en diferentes puntos de la provincia, incluido Vigo
Ocho concellos diferentes aspiran a convertirse en el "Pueblo Mágico" de Galicia 2026. Dos son de la provincia de Pontevedra
¿Quieres usar el nuevo Bono Activa Comercio de Galicia? Consulta aquí los descuentos que ofrece, cómo solicitarlo y cómo usarlo
El BNG de Vigo pide a Abel Caballero un "real" plan de tráfico ante el cierre de carriles en algunas calles ya en el centro de la ciudad
409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL