O Porriño instalará unha nova pista multideporte no CEIP Xosé Fernández López aberta a todos

Publicidad

O Concello do Porriño instalará unha nova pista multideporte. Será no patio do CEIP Xosé Fernández López e poderán facer uso da mesma tanto os nenos e nenas do centro como o resto de veciños da localidade.

A instalación desta pista, que pretende promover unha vida sana entre o alumnado e fomentar a práctica deportiva, é posible grazas a unha subvención da Xunta de Galicia para a mellora e dotación de infraestruturas lúdico-deportivas nos centros escolares para uso conxunto.

Así, o proxecto do Concello do Porriño, cuxo importe ascende a preto de 90.000 euros, financiarase nun 60% con fondos autonómicos e restante será aportación municipal. “Trátase dunha pista prefabricada de 30x15 metros, un espacio polifuncional no que polo menos se poderán practicar cinco deportes”, explicou o concelleiro de Deportes, Abel Estévez.

Pola súa banda, o alcalde, Alejandro Lorenzo, apuntou que “o pobo necesita espazos onde os nenos e nenas, e a cidadanía en xeral, poida practicar deporte ao aire libre e este céntrico colexio é unha boa ubicación, accesible e segura”.

Salir de la versión móvil