• Estatua Aspas Vigo
  • Nueva urbanización Vigo
  • Planes finde
  • Navidad Portugal
  • Edificio Porta do Sol
  • Nuevo O Porriño
  • Villa Romana Vigo
  • Navidad Ferrero Rocher
  • Vino gratis
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O químico Nicholas Kotov será investido doutor honoris causa pola UVigo o luns 12 de xuño

O químico Nicholas Kotov será investido doutor honoris causa pola UVigo o luns 12 de xuño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
30/05/2023

O químico Nicholas Kotov será investido doutor honoris causa da Universidade de Vigo o luns 12 de xuño nunha ceremonia que arrancará ás 12:00 horas no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e na que exercerá como padriño o catedrático Luis Liz Marzán. Nado en Moscova en 1965 e nacionalizado estadounidense, Kotov, referencia internacional en materia de nanoestruturas biomiméticas, converterase así no vixésimo noveno honoris causa da institución académica viguesa.

A proposta de investidura de Kotov como honoris causa chegou da man dos profesores Luis Liz Marzán e Miguel Correa Duarte, con quen leva máis de 25 anos colaborando. Aprobouse primeiro por unanimidade polo Departamento de Química Física -en setembro de 2022- e o pasado 24 de xaneiro, recibiu o respaldo por asentimento dos membros do Consello de Goberno.

Másnoticias

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

06/11/2025
Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

05/11/2025

Convidada ao acto toda a comunidade universitaria

Como é habitual nestes casos o acto, ao que está convidada toda a comunidade universitaria, arrancará, tras abrir a sesión o reitor, coa lectura por parte da secretaria xeral dos acordos do Consello de Goberno polos que se nomea a Kotov doutor honoris causa da Universidade de Vigo. A continuación, terá a palabra o padriño do doutorando, Luis Liz Marzán, que será o encargado de facer a gabanza dos méritos que levaron a este químico a acadar o grao supremo de distinción que concede unha universidade.

Feita a loanza, o candidato acompañado polo seu padriño situarase fronte ao reitor e será neste intre cando se lle entregará o título e o barrete. De seguido, o padriño entregaralle os atributos propios deste nomeamento: libro da ciencia e sabedoría, anel e luvas brancas. A continuación, concédeselle a palabra ao homenaxeado para que pronuncie o seu discurso de ingreso nesta Universidade.

Concluído o discurso do novo honoris, achegarase de novo ao reitor e será entón cando realice o xuramento no que se comprometerá a “defender e respectar todos os dereitos, privilexios e honores desta Universidade de Vigo en calquera parte do mundo”, así como, “favorecela e axudala” cantas veces se lle demande. Feito o xuramento, o reitor agasallarao coa medalla da Universidade de Vigo e daralle unha aperta “en nome de todos os doutores da Universidade” alí presentes. A cerimonia rematará co discurso do reitor.

Referencia internacional e colaborador habitual da UVigo

Recoñecido internacionalmente polos seus descubrimentos fundacionais no campo das nanoestruturas biomiméticas, Nicholas A. Kotov é docente e investigador da Universidade de Michigan, institución que no ano 2020 lle outorgou o recoñecemento Irving Langmuir Distinguished University Professor of Chemical Sciences and Engineering, un dos seus máximos honores. Ademais dos seus grandes logros científicos no campo das nanoestruturas biomiméticas, que transcederon a numerosas disciplinas, desde a enxeñaría química ata a ciencia dos materiais, Kotov tamén destacou pola súa capacidade para recrear no seu laboratorio o proceso universal mediante o que ten un lugar a ensamblaxe de estruturas biolóxicas moi complexas, así como o descubrimento das vías que utiliza a natureza para crear estes materiais complexos. Con esta visión, o químico sintetizou un gran número de materiais con propiedades extraordinarias que previamente se consideraban inalcanzables.

Moitos dos descubrimentos realizados por Nicholas A. Kotov contaron coa colaboración de investigadores da UVigo, como é o caso, desde 1997, de Luis Liz Marzán, e o entón estudante de doutoramento e agora catedrático do Departamento de Química Física Miguel Correa Duarte. No seu traballo conxunto, aplicaron o método de ensamblaxe capa-por-capa para controlar a estrutura na nanoescala de nanocompostos biomiméticos magnéticos e fotoluminiscentes, dando como resultado un importante número de publicacións. Pola súa banda, durante a elaboración da tese de doutoramento da profesora Isabel Pastoriza, identificáronse as propiedades plasmónicas e biolóxicas esenciais de diversos nanocompostos autoensamblados. Varios destes estudos resultaron fundamentais para o desenvolvemento do campo dos materiais biomiméticos e bioinspirados, permitindo avances tecnolóxicos relacionados coa electrónica, tecnoloxías enerxéticas, descubrimento de fármacos, implantes biomédicos e robótica.

Kotov publicou más de 370 artigos nas revistas de maior prestixio, un 20% deles en Science, Nature ou Journal of the American Chemical Society, tres das revistas científicas do mundo no ámbito da química máis importantes. O seu impacto académico revela un índice h de 138, con máis de 70.000 citas, un dos máis elevados do seu campo. Recoñecido polo Departamento de Defensa de EEUU, a American Chemical Society ou a Royal Society of Chemistry, Kotov tamén converteu ao longo da última década a súa investigación en seis empresas start-up, todas elas relacionadas coas tecnoloxías biomiméticas.

Un dos convidados a The Thinking Institute

Previo ao acto de investidura, Nicholas Kotov asistirá a vindeira semana en Vigo á segunda edición de The Thinking Institute, xuntanza que se levará a cabo do 7 ao 9 de xullo no edificio Miralles e que busca consolidarse como encontro internacional anual para especialistas do eido da nanociencia. Baixo a batuta do profesor Liz Marzán, que coordina a actividade, nesta ocasión participarán como relatores 12 expertas e expertos chegados de diferentes lugares do mundo (Michigan, Illinois, Trieste, Amberes, Lausanne …). A intervención de Kotov, que xa participou tamén na primeira edición deste encontro, está prevista para o venres 9 de xuño ás 18.00 horas e levará por título Chirality Continuum in Nanostructures.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Prisión provisional sin fianza para la detenida por el crimen en la antigua estación de Vigo
Enfoque

Prisión provisional sin fianza para la detenida por el crimen en la antigua estación de Vigo

...

PorEuropa Press
08/11/2025
Un histórico edificio del entorno de Porta do Sol en Vigo se prepara para su nueva vida
Enfoque

Un histórico edificio del entorno de Porta do Sol en Vigo se prepara para su nueva vida

...

PorSara Rodríguez
08/11/2025
La provincia de Pontevedra registra un terremoto que se ha notado en varios concellos
Enfoque

La provincia de Pontevedra registra un terremoto que se ha notado en varios concellos

...

PorEuropa Press
08/11/2025
O Porriño transformará Torneiros con calles renovadas, ejes verdes y hasta un parque de agua
Enfoque

O Porriño transformará Torneiros con calles renovadas, ejes verdes y hasta un parque de agua

...

PorAlfredo Teja
08/11/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad
Enfoque

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

PorCarlos I. Castrillón
06/11/2025

Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X