O Rosal apraza toda a axenda cultura e de lecer do mes de marzo

Publicidad

O Rosal confecciona o seu propio plan de actuación fronte ao coronavirus atendendo ásrecomendacións marcadas pola Xunta de Galicia para a contención do COVID19. Entre esas medidas atópanse o aprazamento de todas as actividades relacionadas cos cursos do programa “Reactívate” e o aprazamento de toda a axenda cultural e de lecer do mes de marzo.

Estas medidas de carácter preventivo faranse a partir do vindeiro luns 16 de marzo e estarán en vigor ata finais de mes. Chegada esa data serán avaliadas de novo tendo en conta o desenvolvemento da situación e segundo as recomendacións establecidas tanto pola Xunta como polo Ministerio de Sanidade.

O Rosal lembra ás familias que a Xunta de Galicia suspendeu as clases en todos os centros educativos galegos e a todos os niveis dende o luns e durante 14 días como medida preventiva, así como todas as actividades extraescolares. Tamén decretou o peche de centros de maiores, centros sociocomunitarios, museos, bibliotecas e arquivos e limitou a afluencia a eventos en espazos pechados a 50 persoas e en espazos maiores a un terzo do aforo total.

Salir de la versión móvil