• Abre Vialia on Ice
  • Nuevo local Cangas
  • Planes finde
  • Fiesta tardeo Vigo
  • Papá Noel Vigo
  • Cine Nigrán
  • Navidad Cerveira
  • Contratiempo Navidad Vigo
  • Nuevo hotel en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O Rosal cualifica de “rotundo éxito” a edición virtual da Feira do Viño

O Rosal cualifica de “rotundo éxito” a edición virtual da Feira do Viño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
21/07/2020

Rotundo éxito da XXVIII Feira do Viño do Rosal, a primeira edición virtual dun evento esencial para o sector e o territorio e que este ano ante a crise sanitaria decidía reinventarse e seguir adiante con novas fórmulas coas que levar os caldos rosaleiros á toda a veciñanza pero priorizando a saúde de todos e todas. Foron tres días cunha intensa programación pensada para ofrecer a todas as persoas participantes unha experiencia diferente arredor dos viños do Rosal, para dar a coñecer as adegas e o propio territorio e que tivo unha grandísima acollida por parte da xente. O resultado non puido ser máis satisfactorio segundo apuntan dende o Concello do Rosal: máis de 14.000 persoas desfrutaron do pregón, da inauguración, da cata, do showcooking, dos concertos... a través das redes sociais e da propia web da feira.

A programación arrancaba co pregón do sumiller Luis Paadín, un dos grandes momentos da Feira, que foi visto por máis de 3.300 persoas. A inauguración foi outro dos puntos fortes desta fin de semana, con máis 1.700 reproducións, así como os concertos dos regueifeiros Luis Correa, O Caruncho, e Benito Lobariñas e do grupo Fanfarria Taquikardia, visto por máis de 1.700 persoas cada un. A cata comentada leva máis de 1.100 reproducións en apenas dous días e o maridaxe showcooking co chef Iván Méndez e os sumilleres Luis e Alejandro Paadín xa foi vista por máis dun milleiro de persoas. “Esta edición supuxo un punto de inflexión na historia da nosa Feira. Chegamos a moita xente, moitísima máis da que imaxinabamos que ía participar nesta Feira do Viño alternativa e dixital”, salienta a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

Másnoticias

El PP de Tui denuncia "irregularidades" en un contrato de conservación del antiguo Teatro Principal

El PP de Tui denuncia "irregularidades" en un contrato de conservación del antiguo Teatro Principal

19/11/2025
La Diputación impulsa 8 proyectos que serán un "revulsivo" en O Val Miñor y O Baixo Miño

La Diputación impulsa 8 proyectos que serán un "revulsivo" en O Val Miñor y O Baixo Miño

19/11/2025

Unha alta participación deslocalizada que se traduce en máis de 135.000 visualizacións de todo o contido audiovisual xerado durante o evento. Así, máis de 10.000 persoas coñeceron ás adegas con D.O. Rías Baixas O Rosal a través dos seus vídeos e arredor de 70.000 persoas coñeceron o territorio a través do spot promocional da Feira. O Concello do Rosal quere agradecer tamén o apoio desinteresado de todos os persoeiros que axudaron a difundir a feira cos seus vídeos, vistos por máis de 34.000 persoas. José manuel González, Serafín Martínez, Iván Raña, Viran Morros, Paquiño Campelo, Terio Carrea, Lucía Rodríguez, Dani Cerqueira, Isabel Risco, Anaír Lomba, Gabriel Marcelli, David Amor, Carlos Blanco, Uxía Senlle, Bea Campos e Javier Díaz brindaron pola Feira do Viño e animaron a toda a xente a participar nunha edición especial e diferente.

Sinalan que esta foi “a Feira da capacidade de reinvención, a Feira do Viño que nunca teríamos imaxinado realizar e que tivemos a capacidade de crear traballando man a man cos adegueiros. Apostamos pola innovación e convertemos esta edición nun auténtico referente da adaptación á nova realidade e á dixitalización, demostrando que xuntos e xuntas somos capaces de superar calquera obstáculo”, recoñece a rexedora.

Dende o Concello quérese agradecer tamén a labor da Confraría dos Cabaqueiros do Viño do Rosal, o bo facer de todas e todos os participantes na programación desta edición, o apoio de todas as administracións colaboradoras e, por suposto, a todo o público que seguiu dende o outro lado da pantalla a XXVIII Feira do Viño do Rosal.

Temas: Feira do Viño do Rosalfiestas en GaliciaO Baixo MiñoO Rosal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Anuncian dos jornadas de huelga de profesores en Galicia en diciembre
Enfoque

Anuncian dos jornadas de huelga de profesores en Galicia en diciembre

Convocan a los profesores a dos jornadas de huelga en diciembre. Paros que finalizarán con una "gran manifestación" en Santiago

PorEuropa Press
21/11/2025
La Xunta exige al Gobierno "recapacitar" el "absurdo" y "difícilmente comprensible" contrato para las viviendas de Sareb
Enfoque

La Xunta exige al Gobierno "recapacitar" el "absurdo" y "difícilmente comprensible" contrato para las viviendas de Sareb

La conselleira carga contra la decisión "sin diálogo" que "Sánchez se saca de la chistera" por la que entrega la gestión a inmobiliarias

PorCarlos I. Castrillón
21/11/2025
Deportes, cerveza fría y bocatas en el nuevo local que abrirá regalando burgers gratis en Cangas
Enfoque

Deportes, cerveza fría y bocatas en el nuevo local que abrirá regalando burgers gratis en Cangas

Un nuevo local quiere conquistar el área de Vigo con deporte, comida y "buen rollo". Inaugura su nuevo local en Cangas con hamburguesas y cerveza gratis

PorAlfredo Teja
21/11/2025
Barrio do Cura "secuestra" parte del Paseo de Alfonso de Vigo
Enfoque

Barrio do Cura "secuestra" parte del Paseo de Alfonso de Vigo

La ampliación de las obras de Barrio do Cura afectan al Paseo de Alfonso. Han alzado nuevas vallas, que reducen esta zona peatonal en Vigo

PorMetropolitano
21/11/2025
atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro
Enfoque

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025

Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X