• Parques infantiles Vigo
  • Turismo en Vigo
  • Incendios Galicia
  • Ikea Vialia
  • Apertura O Porriño
  • Concurso gastronómico
  • Festival Pontevedra
  • Apertura Vigo
  • Alta Velocidad
  • Nintendo Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

PictoXacobeo, a app viguesa que rompe as barreiras de idioma no Camiño de Santiago

XUNTA

XUNTA

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
23/07/2021

O Grupo de Tecnoloxías da Información de atlanTTic -o centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo-, vén de presentar a súa aplicación para Android deseñada específicamente para facilitar a interacción dos peregrinos do Camiño de Santiago con necesidades comunicativas especiais.

PictoXacobeo é unha solución tecnolóxica de inclusión e participación social que permite seleccionar pictogramas e crear frases, facilitando a comunicación entre os peregrinos. A principal vantaxe desta app é “a posibilidade de que persoas con dificultades para comunicarse poidan facelo sen dificultade nun escenario específico coma é o Camiño de Santiago e, máis concretamente, nos albergues, no locais de restauración, nas tendas e nas igrexas”, salienta Enrique Costa, investigador responsable deste proxecto, quen fai fincapé en que, ademais, ao estar dispoñible nos seis idiomas máis usados no Camiño –español, inglés, francés, alemán, italiano e portugués-, o usuario poder ver a configuración dos pictogramas no seu idioma e, ao mesmo tempo, xerar a mensaxe noutra lingua, de maneira que pode comunicarse sen problema coas persoas locais ou con outros peregrinos/as que falen outro idioma.

Másnoticias

Foto: Fundación Sales

La flor más especial de Vigo ya se puede ver, aunque por poco tiempo

21/08/2025

El Concello pone fecha a la consulta pública para que Vigo opine sobre la tasa turística

21/08/2025

“Ata o de agora existían nas tendas de aplicacións móbiles varias apps centradas na comunicación usando pictogramas, pero ningunha centrada no que é a comunicación dos peregrinos, cos diferentes perfís que se poden atopar durante o Camiño”, salienta Costa, principal cabeza visible dun equipo de traballo do que tamén formaron parte Francisco de Arriba, Silvia García Méndez e Francisco Javier González Castaño, investigadores todos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, adscritos a attlanTTic.

A idea de pór en marcha este proxecto xurdiulles coa lectura na prensa dunha nova na que se falaba dun proxecto dunha guía do Camiño de Santiago de lectura fácil con pictogramas, así como de sinalizar todos os albergues públicos con pictogramas, de cara a incrementar a súa accesibilidade. “Pensei entón na idea de que as persoas que precisan do uso de pictogramas non só os viran na guía ou nos albergues, senón que tamén fose posible que se comunicaran con eles ao longo de todo o traxecto”, explica o investigador, ao que engade que ao ver a convocatoria de O Teu Xacobeo decidiron presentar esta idea e “aínda que a convocatoria estaba máis orientada á realización de eventos, tivemos a sorte de que o aceptaran”.

Finalmente, á hora de desenvolver a app, botaron man de toda unha serie de pictogramas propiedade do goberno de Aragón, creados por Sergio Palao para Arasaac, o Centro Aragonés para a Comunicación Aumentativa e Alternativa, que os distribúe baixo licencia Creative Commons e que están creados especificamente para o Camiño de Santiago.

A aplicación, froito do traballo dun equipo cunha longa traxectoria no desenvolvemento de solucións de accesibilidade baseadas en dispositivos móbiles, ten contado coa colaboración da Xunta a través dunha achega de case 4.000 euros do programa O teu Xacobeo.

Temas: Universidade de VigoVigoXacobeo 2021-2022

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Varias personas esperan para coger un tren en la estación de Chamartín-Clara Campoamor, a 20 de agosto de 2025, en Madrid
- Alejandro Martínez Vélez - Europa Press
Enfoque

La Alta Velocidad entre Galicia y Madrid ya funciona "con normalidad" pese a los incendios

...

PorEuropa Press
21/08/2025
Enfoque

El Concello pone fecha a la consulta pública para que Vigo opine sobre la tasa turística

...

PorAlfredo Teja
21/08/2025
Enfoque

Vigo activa la construcción del "inmenso" macroparque infantil de Finca Matías

...

PorMiguel Alonso
21/08/2025
Foto de archivo de un aula (Marta Fernández Jara - Europa Press)
Enfoque

Ponteareas abre el plazo para que las familias soliciten las ayudas para el material escolar

...

PorMetropolitano
20/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X