• Estación de buses
  • Próxima apertura Vigo
  • Parque acuático Valença
  • Fiesta O Porriño
  • Planes finde
  • Accidente Rallye
  • Fiesta Pan en Galicia
  • Entroido de Verán
  • Festival Gratis Nigrán
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Piden "reverter o negocio" do Álvaro Cunqueiro e a construción de novos PAC en Vigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
26/12/2023

O Bloque Nacionalista Galego defenderá no Pleno de Vigo o “punto e final” das políticas de recortes e privatizacións do PP na sanidade pública. O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, presentou a moción á sesión plenaria do vindeiro xoves cunha batería de 13 medidas concretas para esixir melloras urxentes na área sanitaria, dotándoa de máis medios económicos, materiais e humanos e revertendo o “negocio” do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) e do concerto con Povisa.

“O Goberno de Rueda persiste nos recortes e nunha maior privatización sanitaria a pesar do clamor case unánime da sociedade viguesa que, nos últimos anos, reclamou con mobilizacións masivas unha rectificación completa”, lamentou Igrexas, quen afeou que un ano máis o PP rexeitara as emendas nacionalistas aos Orzamentos da Xunta para 2024 nas que se recollía un incremento substancial dos recursos para a sanidade pública.

Másnoticias

Detenido un vecino de Vigo tras la denuncia de su madre por agresión

04/07/2025
Puesta de quilla del nuevo velero de Greenpeace
- FREIRE SHIPYARD

Un astillero de Vigo inicia la construcción del nuevo velero de Greenpeace

04/07/2025

O portavoz do BNG denunciou as “importantes insuficiencias e deficiencias” que padece a rede sanitaria pública en Vigo "a causa destas políticas do PP, cunha crecente desatención, peor calidade asistencial e condicións laborais precarias" entre as e os profesionais sanitarios. “536 pacientes nun só día nas Urxencias do HAC, esperas de até 3 horas no PAC de Pizarro, case 2 semanas para ter cita coa médica de familia ou pediatra, máis de 8.500 persoas nas listas de espera para unha cirurxía e apenas 6 ambulancias de soporte vital básico (3 de noite) e 2 de soporte avanzado en toda a cidade”, detallou.

Igrexas asegurou que “estas son as cifras que retratan a realidade” da sanidade pública na área de Vigo, que situou como a “zona cero da desfeita sanitaria en Galiza”. Entre as decisións tomadas nos últimos 14 anos, criticou a "imposición do modelo privatizado no HAC", o recorte de prestacións do Hospital do Meixoeiro, a redución á metade do centro de saúde de Bouzas, a atención desigual para a poboación adscrita ao concerto con Povisa así como unha “grave e estrutural falla de medios humanos” na Atención Primaria.

“Esta moción volve reclamar un punto e final ás nefastas políticas coas que o PP estivo xogando coa saúde e a vida das viguesas e vigueses”, remachou o voceiro da fronte nacionalista, avanzando que diante desta “situación límite” o Bloque seguirá esixindo “con firmeza” o dereito a unha sanidade pública, universal e de calidade.

Plan de choque na Atención Primaria

Entre os acordos recollidos na moción do BNG está a posta en marcha “inmediata” dun plan de choque para reforzar a Atención Primaria da área de Vigo e tamén do conxunto de Galiza dotado con mínimo 200 millóns de euros. Nesa liña, as nacionalistas piden reforzos de persoal en todas as categorías e a fin da precariedade laboral no Sergas, incorporando ademais profesionais de especialidades como a psicoloxía clínica, a logopedia, a terapia ocupacional e alargar as carteiras de servizos para que enfermería, matronas ou fisioterapeutas, poidan desenvolver máis funcións con autonomía.

Dende a fronte nacionalista chaman tamén manter un incremento anual do orzamento sanitario a nivel galego até acadar o 25% do presuposto total da Xunta. Uns recursos que, advertiron, deben servir para fortalecer a rede pública. Nese sentido, a moción do Bloque demanda iniciar o rescate da concesión do HAC para que sexa 100% público, realizar unha auditoría do concerto singular co Hospital Povisa para avanzar na súa absorción no Sergas e da externalización do transporte sanitario terrestre.

Máis medios para o PAC e ambulancias

Outra das áreas a reforzar, a xuízo da fronte nacionalista, pasa por dotar de máis recursos o Punto de Atención Continuada (PAC) de Pizarro, así como crear dous novos en Teis e na contorna de Coia-Navia que inclúan persoal de pediatría. No mesmo sentido, urxen máis medios no servizo de ambulancias do 061 na área de Vigo que non consistan en reforzos puntuais con empresas que non garanten o persoal necesario, como na actualidade.

Diante da saturación que presenta a Atención Primaria en Vigo, o BNG pide promover a construción de novos centros de saúde, ademais de esixir a dotación prevista inicialmente no centro de saúde de Bouzas (con 6 consultas de medicina de familia, pediatra e traballadora social) e que foi recortada na súa inauguración.

Transparencia sobre as listas de espera

A fronte nacionalista reiterou a necesidade de “transparentar” a situación real das listas de espera sanitarias. Para iso, piden a elaboración dun informe que detalle o orzamento investido, o persoal contratado, ademais das cirurxías, probas diagnósticas e consultas realizadas durante o pasado ano 2023 en base ao ‘Programa de intensificación” anunciado pola Xunta para alixeirar as listas de agarda.

Temas: BNGSanidadeVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Una nueva marca "hace las maletas" en la milla de oro de Vigo

Continúa el movimiento de fichas en la calle Príncipe de Vigo. Uno de los locales disponibles ya tiene un nuevo proyecto en marcha

PorAlfredo Teja
04/07/2025
Enfoque

Caballero defiende crear en la antigua estación de buses "un gran parque extraordinario" para Vigo

El PP critica que el alcalde califique de "tontería" su propuesta de destinar la antigua estación de buses como centro de asociacionismo

PorMiguel Alonso
04/07/2025
Enfoque

Suspendido el tercer tramo del Rallye Rías Baixas tras un accidente que acabó en incendio

La organización ha suspendido el tercer tramo de este viernes en el Rallye Rías Baixas. Un coche se incendió tras un accidente

PorMiguel Alonso
04/07/2025
Enfoque

Caballero, contra las constructoras por proponer peaje en las autovías: "Que estén calladas"

"¿Qué es eso de que quieren poner un peaje las constructoras entre Vigo y Ourense? Lo que nos faltaba", exclama el alcalde de Vigo

PorMetropolitano
04/07/2025
Enfoque

O Campus Auga celebrará en setembro o I Congreso Transnacional da Xuventude Investigadora

PorMetropolitano
04/07/2025

Está aberto o prazo de inscrición e tamén o de envío de comunicacións e pósters - A cita terá lugar os días 24 e 25 no edificio Politécnico

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

04julTodo el díaFiestas de Coia en Vigo | Programación 2025FIESTAS | VIGO

09jul19:30Verbenas na Caridade con Rumbantela en VigoPLANES | VIGO

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X