Poesía en galego para ilustrar unha das grandes avenidas de Vigo

"A golpes de mar desancóranse as palabras da boca” é o novo verso que ilustrará o histórico valo de Pereira na Avenida de Beiramar. A autora da cita é a poeta galega Miriam Reyes, Premio Nacional de Poesía 2025, quen se incorpora así á listaxe de autores e autoras que participaron nesta iniciativa cultural impulsada pola compañía desde o ano 2012. A frase é do poema que abre o seu libro “Con”.

A presentación oficial do novo valo tivo lugar este mércores a bordo do Argos Pereira, nun acto no que participaron representantes da empresa e a propia autora. Cada ano buscamos que este valo sexa algo máis que unha intervención visual. Queremos que sexa tamén unha maneira de reivindicar a nosa identidade, a nosa relación co mar e o vínculo de Pereira coa cultura galega. É unha satisfacción contar nesta edición cunha voz tan singular e recoñecida como a de Miriam Reyes”, sinalou Ruy Andrade, director de comunicación do Grupo Pereira.

Pola súa banda, Miriam Reyes destacou a forza simbólica do mar ligada tanto á vida orgánica como á vida interior, subliñando que a identidade galega pasa polo mar, tamén a trasatlántica. Ademais, engadiu que o mar e os produtos do mar están relacionados para ela co gran amor do seu avó, nado en Cuba, fillo de lucenses, co que percorría as beiras das praias viguesas, de nena, e cazaba cangros. O valo poético é para ela unha maneira de volver atoparse co mar da súa infancia, que garda como un tesouro. 

Ruy Andrade destacou tamén a boa acollida que esta proposta cultural segue tendo entre a cidadanía viguesa. Ano tras ano recibimos mensaxes de persoas que agardan con interese a renovación do valo e que valoran que unha empresa como Pereira aposte por integrar a poesía e a cultura galega nun espazo tan visible e tan ligado á cidade. Para nós, ese apoio é o mellor estímulo para continuar impulsando esta iniciativa”.

Miriam Reyes, Premio Nacional de Poesía 2025

Miriam Reyes naceu en Ourense e aos oito anos emigrou a Caracas, onde residiu ata os vinte e un. En 2001 publicou Espejo negro (DVD, 2001). O seu segundo poemario, Bella durmiente, foi finalista do Premio Hiperión (2004). Despois chegaron os títulos: Desalojos (Hiperión, 2008), Haz lo que te digo (Bartleby, 2015), Prensado en frío (Malasangre, 2016) e Sardiña (Chan da Pólvora, 2018). O seu título máis recente, Con (La Bella Varsovia, 2024), recibiu o Premio Nacional de Poesía 2025. A finais de 2025 publicou a súa primeira novela, La edad infinita (Tránsito), na que explora o proceso transformador que provoca a migración.

A súa obra foi recollida en numerosas antoloxías nacionais e internacionais e traducida a máis de media ducia de linguas. Tamén traduciu ao castelán poetas de lingua galega, catalá e portuguesa. Desde o ano 2001 experimenta coa reescritura audiovisual do poema e co recital multimedia.

Un ronsel de literatura galega en Beiramar

A iniciativa do valo poético naceu en 2012 co obxectivo de unir cultura e identidade mariñeira. Desde entón, estas foron as frases e autores que ilustraron o valo de Pereira:

Salir de la versión móvil