• Novedad en Vigo
  • Rehabilitación edificio histórico
  • Pollos Muñoz Vigo
  • Navidad A Laxe
  • Encendido CC Gran Vía
  • Novedad Vialia Vigo
  • Papá Noel Vigo
  • Desaparecida Vigo
  • Magosto Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Pontón pide a “alianza estratéxica” de Galicia-Portugal priorizando Vigo-Porto en alta velocidade

Pontón pide a “alianza estratéxica” de Galicia-Portugal priorizando Vigo-Porto en alta velocidade
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
04/10/2022

O BNG defende potenciar unha “alianza atlántica” Galicia-Portugal como política estratéxica de futuro. Así o avanzou a portavoz nacionalista, Ana Pontón, nunha visita á fronteira en Tui para presentar as propostas e impulsar esa alianza.

En vésperas do próximo cumio hispano-luso, Pontón destacou a importancia da eurorrexión e propón ir máis aló, “dar un paso adiante para trazar unha verdadeira alianza estratéxica entre Galiza e Portugal que debe arrancar coa creación dunha delegación permanente do noso País en Lisboa”, destacou, tendo en conta que “fronte a un Madrid que trata Galiza desde unha posición de subordinación, Portugal nos ve como unha alidada natural”.

Másnoticias

El espectacular vídeo aéreo que promociona el puente internacional de Tui

Arrancan los estudios del tramo de O Porriño para hacer realidad el 'AVE' Vigo-Oporto

21/11/2025
El Puerto de Vigo gastará  44.400€ en 250 cestas de Navidad con paleta de jamón, anchoas o vinos

El Puerto de Vigo gastará 44.400€ en 250 cestas de Navidad con paleta de jamón, anchoas o vinos

21/11/2025

Nesa alianza, p BNG considera que as infraestruturas son un "elemento clave", en particular a alta velocidade ferroviaria. “Chegar de Vigo a Porto nunha hora, temos que ser capaces de avanzar nesa dirección tamén desde Galiza. Portugal teno claro, pero non así os sucesivos Gobernos centrais dun signo e doutro, que non fixeron os deberes porque teñen unha concepción radial das comunicacións que prima a conexión por Madrid antes que por Vigo, o que perpetúa a discriminación de Galiza", argumentou Pontón en referencia ao anuncio do Goberno luso de priorizar a conexión coa cidade olívica. 

Tras vinte anos “perdidos”, a líder do Bloque reclama “coordinación con Portugal para que esa conexión ferroviaria este en funcionamento en 2030” e nese obxectivo, Pontón interpelou ao Goberno do PP, “que nunca fixo nada nin para impulsar a saída Sur de Vigo nin as conexións con Portugal e agora pretende tapar a súa complicidade na discriminación a Galiza cunha nova confrontación co Executivo central”.

O BNG considera "fundamental para o desenvolvemento económico, para o equilibrio territorial e para avanzar nunha mobilidade sustentable nun momento de emerxencia climática" dispoñer desa conexión ferroviaria antes de que remate a década. Un fito que, din, colocaría a eurorrexión nunha situación de poder competir con Madrid ou co eixo Barcelona-Lyon.

Neste sentido, o BNG propón que do próximo cumio hispano-luso saia unha declaración institucional de apoio a ese obxectivo “cun compromiso de proxectos e orzamentos”. A portavoz nacionalista insistiu no carácter estratéxico desta conexión polo que avanzou que o Bloque vai facer “causa” deste asunto iniciando unha ofensiva de contactos sociais, institucionais e económicos a favor da alta velocidade Vigo-Porto en  2030 e evitar “novos retrasos e discriminacións”.

Saída sur, horarios e tarifas

A curto prazo, a formación nacionalista destaca a necesidade de mellorar o servizo a un lado e outro da raia, empezando pola electrificación da liña na saída sur de Vigo con máquinas de bitensión como as que ten Renfe e circulan entre Valença e Porto.

Igualmente, piden ampliar e adaptar os horarios da liña actual, duplicando a oferta para chegar ás mesmas frecuencias da liña Vigo-A Coruña, e  ampliar a 2023 a oferta de 5,25 euros nos billetes Vigo e Porto, que teñen logrado un aumento do 40% no número de pasaxeiros cunha mobilidade máis sustentable.

Pontón, que mantivo un encontro con alcaldes, alcaldesas e responsables municipais de Vigo, concellos fronteirizos e municipios do sur, subliñou que a eurorrexión convoca a 6,5 millóns de habitantes, máis que estados do entorno europeo como Dinamarca, Israel ou Finlandia.

Temas: BNGO Baixo MiñoTuiVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El espectacular vídeo aéreo que promociona el puente internacional de Tui
Enfoque

Arrancan los estudios del tramo de O Porriño para hacer realidad el 'AVE' Vigo-Oporto

Transportes da un nuevo paso para la Salida Sur de Vigo con el "AVE" a Oporto. Inician los estudios en el tramo de O Porriño

PorMetropolitano
21/11/2025
El Puerto de Vigo gastará  44.400€ en 250 cestas de Navidad con paleta de jamón, anchoas o vinos
Enfoque

El Puerto de Vigo gastará 44.400€ en 250 cestas de Navidad con paleta de jamón, anchoas o vinos

El Puerto advierte que en los próximos años el pedido rozará las 300 cestas. Fue adjudicado a la empresa andaluza Ansama Regalos de Empresa

PorCarlos I. Castrillóny1 Otros
21/11/2025
El X de la suerte de O Porriño reparte más de 60.000 euros calentando los motores para Navidad
Enfoque

El X de la suerte de O Porriño reparte más de 60.000 euros calentando los motores para Navidad

La conocida administración de O Porriño repartió un gran premio de La Primitiva. Una alegría que ya hace pensar en la Lotería de Navidad

PorSara Rodríguez
21/11/2025
El hombre que mató a su mujer en Baiona delante de sus hijos reconoce los hechos y acepta 25 años de cárcel
Enfoque

El hombre que mató a su mujer en Baiona delante de sus hijos reconoce los hechos y acepta 25 años de cárcel

Una vez celebrada esta vista e impuestas las penas, ya no será necesario celebrar el juicio que estaba señalado para la próxima semana

PorCarlos I. Castrillón
21/11/2025
atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro
Enfoque

atlanTTic celebra o seu 15º aniversario poñendo en valor a súa traxectoria e proxección de futuro

PorCarlos I. Castrillón
20/11/2025

Os seus tres directores realizaron un percorrido polos principais fitos do centro - O conselleiro de Educación e o reitor da UVigo presidiron o acto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

21nov17:0019:00Magosto en Solar da Pomba en VigoMAGOSTO | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X