A portavoz nacional, Ana Pontón, participou este martes en Vigo nun acto dentro da campaña que o BNG desenvolve por toda Galicia baixo o lema "Os prezos soben, os teus cartos baixan", que aproveitou para explicar as propostas da formación para paliar os efectos da espiral inflacionista.
Nun acto, no que tamén participou o portavoz municipal, Xabier Pérez Igrexas, e o deputado Nestor Rego, a líder do Bloque destacou que "a peor crise de prezos en catro décadas require medidas urxentes”,e por iso o BNG “presenta un plan de choque para mobilizar 700 millóns de euros destinados a paliar os efectos dunha inflación descontrolada". A líder galega da oposición cargou contra a "parálise" do goberno do PP que, dixo, "tres meses despois sigue enfrascado no relevo de Feijóo no medio dunha crise".
“Son as medidas que tomaría un goberno do BNG ante a subida de prezos que está afogando ás familias é ás empresas”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón. Inclúen un fondo de 90 millóns de euros de "rescate social" para axudar aos colectivos máis desfavorecidos. Con este fondo aumentaríase en 100 euros o tramo autonómico das pensións non contributivas, melloraríase a prestación da RISGA (que sería compatible co IMV), e aumentaríanse as axudas para sufragar os gastos básicos de vivenda.
Pontón detallou as principais propostas dese plan de choque, que inclúe un fondo de recaste social por importe de 90 millóns de euros para axudar ós colectivos máis desfavorecidos con medidas como incrementar en cen euros mensuais o tramo autonómico das pensións non contributivas, que son precisamente as de menor contía; mellorar a prestación da RISGA e facer que sexa compatible coa percepción do ingreso mínimo vital; así como incrementar as axudas para sufragar os gastos básicos de vivenda para as rendas máis baixas.
A segunda liña de actuación sería un fondo de rescate económico de 175 millóns para sectores produtivos e pemes, con actuacións para incentivar o consumo local e a hostalería, ou axudas para o sector primario.
Así mesmo, o BNG propón un plan extraordinario de investimentos en obra pública, centrado na vivenda, a transición enerxética e a transición dixital, capaz de mobilizar 375 millóns de euros; así como un fondo de apoio aos concello para compensar a subida do prezo da luz e dos carburantes. Finalmente, prevé un fondo de liquidez para facilitar liñas de financiamento e avais a pequenas e medianas empresas.
Ana Pontón explicou que, xunto a todas estas medidas "de urxencia", o BNG está a preparar unha proposición de lei con máis medidas a medio e longo prazo, de carácter estrutural, para modernizar Galicia nos ámbitos financeiro (creación dun instituto de crédito), enerxético (constitución dunha empresa pública de enerxía e unha tarifa eléctrica galega), de reactivación industrial; reactivación do sector primario; e recuperación do medio rural.
Una de las tiendas de mascotas más queridas de Vigo volverá a abrir sus puertas. Una antigua clienta decide darle una segunda vida al local
Las Rías Baixas impulsan estos 13 proyectos audiovisuales este año. Un sector que pone este territorio en el mapa para todo el mundo
Un vídeo muestra las agresiones que sufrieron los aficionados del Celta tras la victoria. Los ultras del Dinamo de Zagreb se mostraron muy violentos
Mos saca a licitación las obras para transformar uno de sus parques. Un proyecto que hará de este espacio un referente en el área de Vigo
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL