• Polémica parque Vigo
  • Navidad Vigo
  • Investigación bullying Vigo
  • AP-9
  • Serie Galicia Netflix
  • Concierto Vigo
  • Halloween Vigo
  • Andaina terror Mos
  • Concierto Vigo
  • Pitanxo
  • Tapa Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Por oitava vez, o equipo de taekwondo da UVigo proclámase campión de España universitario

Por oitava vez, o equipo de taekwondo da UVigo proclámase campión de España universitario
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
28/03/2023

O equipo de taekwondo da Universidade de Vigo proclamouse esta fin de semana en Burgos campión de España universitario (CEU), un título que o conxunto que adestran Erea Andrade e Salvador Fontán revalidou por oitava vez. “A valoración é magnífica. O comportamento do equipo foi impresionante. Botaban o pavillón abaixo animando. Xa no bus de ida ían súper motivados e eu xa tiña sensacións de que este ano ía ser marabilloso e logo no tapiz moi ben”, explica Erea Andrade.

O equipo esta formado por nove mulleres e cinco homes, que logo da prata acadada o ano pasado en Murcia, este ano conseguiu tres medallas de ouro, dúas  de prata e tres bronces e o campionato de España. “A min gústanme moitos deportistas, pero admiro a poucos e un dos meus favoritos é Nadal, porque cada vez que gaña é como se fose a primeira. Pois nós igual, e van oito e o ano que vén queremos gañar a novena”, asegura Salvador Fontán, que destaca o espírito competitivo do equipo, que “sae sempre a dalo todo”.

Másnoticias

La catedrática Carmen García Mateo anuncia también su candidatura al Rectorado de la UVigo

La catedrática Carmen García Mateo anuncia también su candidatura al Rectorado de la UVigo

21/10/2025
Unha xornada conectará as traxectorias do cineasta Carlos Velo e o escritor Juan Rulfo

Unha xornada conectará as traxectorias do cineasta Carlos Velo e o escritor Juan Rulfo

21/10/2025

O equipo da UVigo, integrado por estudantes dos campus de Pontevedra e Vigo, obtivo o primeiro posto no CEU grazas ao ouro da parella de poomsae mixta, formada por Celia García e Manu Paz; aos ouros de Adrián Pan en -74kg e Desirée Rivadulla +73 kg; ás pratas de Sara Cortegoso en -46kg e Lois Tomás en -63kg e aos bronces de Miryam García en -62kg, María González en -49kg e Uxía Ortega en -57kg.

Pola súa banda, as deportistas da UVigo foron as que, de todos os equipos que participaron no Campionato de España celebrado esta fin de semana en Burgos, máis veces subiron ao podio. Ademais, sumadas as medallas de ouro por equipos obtidas nos anos 2006, 2007, 2008, 2011, 2012, 2013, 2016 e 2023; as pratas nos anos 1997, 2002, 2005, 2009, 2010, 2014, 2015 e 2022; e o bronce de 2017, fan da UVigo o equipo máis laureado nesta modalidade deportiva, así como a nivel individual, con máis de 100 medallas obtidas.

Darío Dacosta, Noah Pena, Laura Lago, Gabriel García, Aitana Fariña e Lois Tomás, todos estudantes dos graos de Fisioterapia, Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual, Fisioterapia e Educación Primaria, no campus de Pontevedra, completaban o equipo de taekwondo da UVigo que participou no CEU.

As mulleres foron a alma do equipo

As actuacións dentro e fóra do tapiz en Burgos das nove deportistas da UVigo, algunhas delas medallistas internacionais e nacionais como Sara Cortegoso, estudantes da Escola Universitaria de Enfermaría, Desirée Rivadulla e Miryam García, alumnas da Facultade de Fisioterapia, foi, segundo Erea Andrade determinante para que o equipo acadase o éxito conseguido esta pasada fin de semana. “As mulleres foron a alma do equipo. Elas deron o empurrón para saír e animar e entón o resto apoiouse nelas. Foron as que tiraron do carro, todas unidas …”, sinala a adestradora do equipo de taekwondo da UVigo, co que hai anos competiu e ao que agora adestra, xunto da Salvador Fontán.

Precisamente coa perspectiva que dá ser, primeiro deportista e posteriormente adestradora, Erea Andrade reivindica o papel das mulleres taekwondistas da Universidade de Vigo. “A UVigo en mulleres sempre arrasamos. Eu son unha das poucas adestradoras de taekwondo, aínda que universitaria hai algunha máis. Primeiro fun destacada na universidade como deportista e logo quixeron contar comigo como adestradora”, lembra Erea Adrade, que pon en valor o trato que sempre recibiu por parte dunha institucións na que “non te miran polo sexo, senón por capacidade. Para min isto é a igualdade”, afirma.

Un equipo universitario formado por rivais durante o resto do ano

Aínda que a Universidade de Vigo carece de equipo propio de taekwondo, senón que este se configura para participar no Campionato de España Universitario, Fontán e Andrade destacan a capacidade das e dos seus integrantes para interiorizar a súa pertenza ao conxunto que representa á institución académica viguesa. “Aquí coñecémonos todos porque Galicia sempre está no podio desde hai máis de 20 anos e por iso coincidimos como compañeiros ou rivais ao longo do ano. O que procuramos é que cambien o chip: ‘non pelexas polo teu club, por Galicia ou por España, senón que pelexas pola UVigo’. Eles e elas entenden ese concepto de equipo e encántalles”, explica Salvador Fontán.

O adestrador e Erea Adrade tamén destacan neste sentido o traballo que realiza o técnico de actividades deportivas da Área de Benestar, Saúde e Deporte, Alexandre Sanjorge, así como o resto de persoal deste servizo, á hora de facilitarlle o día a día en cuestións académicas ou loxísticas aos e ás deportistas que integran o equipo de taekwondo do UVigo. “El e nós entendémonos moi ben e cada un achega unha cousa. É a combinación perfecta e todos vemos polos rapaces que se senten cómodos e apoiados e logo responden”, sinala a adestradora.

Temas: TaekwondoUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La bodega de las Rías Baixas multada por usar "productos no permitidos" la recurrirá ante el Supremo
Enfoque

La bodega de las Rías Baixas multada por usar "productos no permitidos" la recurrirá ante el Supremo

...

PorEuropa Press
22/10/2025
El Supremo 'tumba' la pretensión de Audasa de ser compensada por las pérdidas en pandemia
Enfoque

El PSOE plantea transferir a Galicia competencias de la AP-9 pero no su titularidad

...

PorEuropa Press
22/10/2025
Una comedia rodada en Galicia se convierte en la serie más vista de Netflix en España
Enfoque

La serie rodada en Galicia más vista de Netflix confirma una segunda temporada

...

PorSara Rodríguez
22/10/2025
Vigo se prepara para revivir una de las novedades más llamativas de su pasada Navidad
Enfoque

Vigo se prepara para revivir una de las novedades más llamativas de su pasada Navidad

...

PorIván Dacal
22/10/2025
La catedrática Carmen García Mateo anuncia también su candidatura al Rectorado de la UVigo
Enfoque

La catedrática Carmen García Mateo anuncia también su candidatura al Rectorado de la UVigo

PorCarlos I. Castrillón
21/10/2025

Será la líder de la candidatura de Nós Universidade en las elecciones de mayo, a las que también se presentará Belén Rubio por la H2040

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

26oct16:00Motohalloween en VigoRUTA DE MOTOS | VIGO

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X