A fin de semana das Festas do Cristo saldouse coas primeiras denuncias por non empregar máscara protectora. Garda Civil e Policía Local reforzaron a vixianza no municipio por mor das festas, e deste xeito producíronse as primeiras denuncias vinculadas ao uso da máscara protectora.
Dende o pasado domingo o uso da máscara é obrigatoria aínda que exista a chamada “distancia de seguridade”. O equipo de goberno valorou dun xeito moi positivo o comportamento en xeral da veciñanza nos eventos organizados con motivo das festas do Cristo, nos que a poboación cumpriu as normas con seriedade, garantindo deste xeito a seguridade. Sen embargo, conscientes de que existen persoas que seguen a saltarse a norma, as forzas de seguridade fixeron unha especial vixianza, sancionando naqueles casos nos que foi preciso, como no caso dunha traballadora dun local de hostalería que atendía ao público sen empregar a máscara.
Na mesma fin de semana, a Policía Local personouse nunha festa privada nunha vivenda do casco urbano, ante as chamadas da veciñanza polos ruídos ata altas horas da madrugada que se viñan producindo ultimamente.
A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, sinala que “para unha convivencia pacífica é imprescindible o respeto entre as persoas. Todos e todas temos que cumprir coas regras para acabar con esta pandemia. Non se pode ter un policía por cada persoa, e é preciso concienciarnos do problema e aportar o noso granciño de área individual en beneficio do colectivo”.
Decenas de personas ya pueden disfrutar desde este miércoles de las visitas guiadas al interior del Teatro Cine Fraga y Nova Olimpia
Rueda asegura que está ayuda beneficiará a unos 20.000 escolares de Infantil y Primaria en toda Galicia. ¡Estos son los requisitos!
Vaca Films rodará una nueva película en Galicia y se ha abierto un casting para buscar figurantes. ¡Estos son los requisitos para anotarse!
Gondomar ha anunciado un ambicioso proyecto para conectar con Sabarís y A Ramallosa. Así es la senda que quiere hacer
Unha trintena de persoas integran a formación musical que acaba de iniciar os ensaios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL